Arquivo de tags

anuncio

Concentración este venres, ás 24:00, na porta do fórum.
Non á homofobia. Ningún ataque sen resposta (pacífica).

lusofonía

Coa lembranza do timorense, acudo á noite gai do Soho. Vou coa mochila, algo laborioso, e arrímome como podo a unha columna. Comezo a falar cuns brasileiros. Goiânia e Paraná. Pero chaman polos seus mozos ingleses, que están atrapados no tráfico, e fíxome noutro rapaz. É moreno, e parece español, o que me asusta: non fixen estes quilómetros pra foder pra toledo. Pero afortunadamente chámase Márcio. Naceu en San Paulo no 81, ten un piso mercado alí co seu namorado, un coche a medias, é cristián espírita e fan de almodóvar. Ademais, é cabeleireiro de profesión e lóuvame tecnicamente a fortaleza e a cor do pelo. Despois bícame, nun comezo. Fermoso entre os fermosos, Márcio é un fervente seareiro de Élis Regina. Por iso, cántame coa voz máis linda que escoitei nunca ‘Como nossos pais’ nun portal en Neel Street, mentres nos espimos todo o que nos deixa a prudencia.

Despois, cando paseamos no escuro da cidade collidos da man, ábrese unha fiestra, berran algo que rima con fuck, e baldéannos. Agardo que con auga. Separámonos Márcio e eu cun bico e un rozar de mans: el collía un bus cara ao leste, eu cara ao oeste.

Todo o que me dure a lembranza será a súa existencia.