Arquivo de tags

comer palabras

FilloasA semana pasada ríame con Peke. Os de ‘Na lúa’ fixeran unha canción onde traducían miel sobre hojuelas con por riba do mel, filloas. Así cría eu.
Agora (m)alicia faime comer as palabras. É unha frase coa que viña programada de fábrica, no interior. Falamos aínda algo do significado literal: visualizo un pratazo de filloas de leite enchoupadas en mel, mentres baixamos o licorcafé e pasan as horas.
Como sempre, prégase (máis) confirmación ou rexeite.