Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Iraq

Arquivo de tags

xuíces

A miña primeira experiencia cos acolledores xuíces de atletismo escoceses foi estupenda. Logo de gastar un serán de mércores nunha pistiña ao pé das chemineas industriais de grangemouth (o que me valeu un severo empeoramento da lesión do xeonllo), pasei toda esta finde, enteiriña, nas excelentes instalacións do kelvin hall sports arena, en glasgow. Os xuíces escoceses son medio cento de anciáns, cunha media de idade de setenta e cun diámetro proporcional a catro pintas diarias de cervexa, que funcionan como un verdadeiro reloxio de precisión: sen estridencias, amósanse rigorosos as poucas veces que hai que amosarse rigorosos, e no resto actúan sixilosa, correcta e axilmente. Malia os anos, ou precisamente polos anos. Abofé, escuso dicir o despistados que están comigo: que se noroeste, que se catalán, que se o meu inglés, que se a xuventude… non entenden nada de nada.
A miña xefa directa é a señora Pat, xuíza xefa de carreiras, que é a muller que neste planeta máis se parece á avoa de Iop, con moita diferenza. O rostro, o sorriso, a parsimonia, os xestos, a forma de andar como se trouxese sempre pra ti un pedazo de pastel de carne ou unha bandexiña de galletas de xenxibre: en todo son iguais a señora pat e a señora avoa-de-iop. Distínguense, iso si, no discreto intercomunicador co que a señora Pat fala cos anciáns de fotofinish ou cos vellos do control de resultados, e en que a señora Pat ten un fillo na guerra do Iraq. E ela, con setenta anos, fálanos atemorizada do seu rapaz mentres dende o fondo da pista, na saída dos 300, escóitase: on your marks!!