Arquivo de tags

nécora

Logo dunha esgotadora semana de traballo, que rematou nun cónclave o sábado ao pé da 550, non tiven forzas pra ir ver Lluis Llach a Pontevedra. Así que rulei algo por humidtown: quedei con 12Uvas, e mentres estivemos touponeando as rúas molladas todo foi moi ben. Logo empantanamos en casa duns colegas del vendo os premios TP e tomando cacharros co peor alcol de toda a cidade. Vía medrar as unllas dos pés.
Fomos prá cama, e aínda que saín pró vermú, en realidade seguín facendo o nécora ata case a noite: durmindo, fregando pratos, escoitando os partidos… Itopo cociñou pasta con cabaciñas e bocartes (ai, Fufli, se estiveses aquí), pero non pra min. Esa é unha das novidades da finde e outra que foi debater problemas que moito preocupan na familia. Seguirei informando.
Aconsello (unha vez máis) unha leitura de Todo Nada.