Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » IU

Arquivo de tags

plutarco

Había unha vez un país de conto, e na altura en que esta historia comeza, padecía xa anos de longo e constante esmorecemento. O poder estaba dividido entre un vello rei e unha corte de visires, e anque en todo goberno sempre hai isto e aquilo, levábanse xeralmente ben e o reino vivía unha apracible e despreocupada decadencia. O vello rei, que tiña barba como todos os vellos reis dos contos, fora antigamente un gran monarca e déralle prosperidade e riquezas ao seu reino. Cando comeza este conto, porén, era non máis cá sombra do que fora, e nos discursos falaba de países afastados e mitolóxicos que ninguén coñecera endexamais. Esta falta de realidade foi, seguramente, a que fixera que un dos ministros máis prometedores se exiliase a un veciño país e triunfase nel. A partir dese momento foi coñecido como o traidor, envexado e odiado con igual paixón.
Mentres tanto, a decadencia proseguía inexorable e os visires, animados polo Gran Visir, encabezaron unha manobra pacega que expulsou o vello rei do trono e impuxo o goberno dun novo príncipe. Este era moito máis novo có rei, e as súas palabras resultábanlles a todos máis xuvenís. Pero como todos os príncipes de conto, tamén tiña barba.
O príncipe comezou a gobernar con moita enerxía: quería ser un confidente dos cidadáns e gobernar sabiamente para todos, pero pouco a pouco foise pechando no castelo e saía pouco, e facíao á noite, pra que ninguén lle falase. O certo é que os visires, que dedicaban a maior parte do seu tempo a interminábeis discusións —levaban debatendo sobre o cultivo do chícharo dende antes de que chegara o primeiro rei sen acadaren conclusión ningunha—, cando tiñan libre facíanlle cambadelas ao príncipe, levantábanlle o foxo ao cruzar co cabalo, engadíanlle herba moura no caldo ou atacaban desapiadadamente os conselleiros da súa confianza ata que deixaba de terlla.
A decadencia do reino, porén, non se detivo co príncipe. Foi naquel tempo cando sucedeu a Catástrofe. Non se sabía moi ben cales foran as razóns da Catástrofe: uns dicían que as terras eran pouco fértiles, outros que caera un meteórito, os de máis alá culpaban as bombas fétidas que guindaban en catapulta os reinos veciños… O certo é que o día da Catástrofe chegou, e o príncipe, sen forzas pra lle facer fronte, recolleu as súas cousas e marchou.

O trono quedara baldeiro, e as xentes do reino dividíronse en tres bandos para ocupalo: o Gran Visir, un señor calvo que sempre andaba de mal humor e de quen se dicía que tiña un só corpo e dez sombras, xuntou os seus visires, que á súa vez xuntaron os oficiais contratados polos visires que á súa vez xuntaron os alguacís contratados polos oficiais que á súa vez xuntaron os grumetes e rapaciños que andaban á froita contratados polos alguacís. Os visires querían que houbese un rexente e que o posto o ocupase un canoso e case descoñecido vendedor de electrodomésticos. Os visires crían sobre todo na capacidade transformadora da enerxía eléctrica. Enfronte deles estaban aqueles que máis apoiaran o príncipe destronado e que formaran parte da súa corte: eran xente bastante variada e desorganizada, malabaristas e enxeñeiros, xogadores de chave e vellos do asilo, labregos e deseñadores gráficos, e querían instaurar o reino do paradoxo: un principado sen príncipe. Pero non eran os únicos: tamén había un pequeno grupo de xente que estrañaba os gloriosos tempos do monarca, e que reclamaba a súa nova entronización. Pero o vello rei uns días arrecendía a cabelo de anxo e outros andaba en bicicleta, e os seus seguidores tiñan que confiar máis na súa persoa do que nas ideas, habitualmente difusas e contraditorias.
Así as cousas, chegou o día da gran decisión. E isto foi o que pasou.

Plutarco, Vidas paralelas, XV, 32