Arquivo de tags

morto

MádelmanHoxe vin o primeiro morto da miña vida. O avó de Iopanda. O home, que é dos Peares, estaba no túmulo 2 da sala de velorios do hospital provincial de Ourense. Deixaron a caixa sen tapar.
Fálame Iopanda dun chaveiro: co escudo do Atlético de Madrid, pon ‘peña atlética orensana Os Colchoneros’. Investigo. A única peña atlética ourensá recoñecida chámase orixinalmente As Burgas. Se gugleas Os Colchoneros só aparecen noticias de xornais portugueses. Seguirei buscando.
Debería alguén facer un blo só de ourensanadas como esta.
Leo o xornal nun bar, aproveitando que é sábado, tomando un café. Na súa columna formidábel, Verdú define o que el denomina amor líquido, un amor indefinido, angustiado polo medo a quedar preso e polo medo á soidade. Concordo plenamente, pero como para pedantada xa chegou a de onte, calo, como faría Carmiña Vacaloura. Se El País non fose de pago, metería ligazón.
Tamén leo a Juan Carlos Capel, na súa crítica gastronómica. As semanas non son as mesmas sen el. Hai un juancarlos capel que colecciona mádelmans en bcn. Será o mesmo? E miro unha reportaxe sobre madagascar, e sitúoo ao pé do irán nas miñas preferencias vacanceiras do 2004.
Non fun ao encontro neo, estaba destrozado. Hoxe comeza a gripe. Por iso non hai chispa.