Arquivo de tags

escafandra

Le scaphandre et le papillonUnha das cousas que máis me gustan desta illa é a francofobia, unha francofobia sanota, algo ridícula e pavera, non como aquela que nos levou a perder a guerra. É a francofobia dos xornais que no suplemento de viaxes de xaneiro’07, onde sinalaban as citas importantes do ano, mencionaban o mundial de rugbi como “por fin un motivo pra visitar ese país comprendido entre Bélxica e España”.
Non sei por que estraña razón métome a ver “A escafandra e a bolboreta“, quizais porque empezaba a esa hora e levaba o bandullo demasiado cheo de carne con especies pra seguir dando voltas pola fantástica noite de glaspop. Que aborrecido, que detestable, que francés. En realidade, os países en decadencia, e dende logo este onde vivo éo, amosan unha predilección por despegar da realidade que linda na patoloxía. Cando a enfermeira lle di ao paciente que ese pensamento metafísico sobre a vida e a morte que lle acaba de mandar é “obsceno” eu despego definitivamente e dedícome a mirar como unha parelliña diante xoga co móbil, tócanse as tetas e comen todo tipo de snacks. A única atención que poño na película é pra desexar que morran axiña o paciente, a emperatriz Uxía, a enfermeira e, xa postos, francia enteira.