Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » König

Arquivo de tags

heteros

Unha novela gráfica de heteros e que acaba ben. Hai uns anos sería difícil imaxinar que o Diván da psicóloga é obra de Ralf König, agás polos debuxos de narizotas e pirolas. En realidade, ten bastantes máis semellanzas das que parece a primeira vista e inclúe todas as frases e tópicos que lembran as súas obras anteriores. A trama é simpleira, si, e inclúe demasiados fíos mortos, pero os diálogos e os personaxes medran en complexidade (quizais por seren heteros) e inclúe importante información sociolingüística que faría as delicias da Mesa pola Normalización do Fráncico. Con todo, o que me trouxera ata el, a busca da gargallada, é moito máis tenue agora, e motívaa máis a lembranza dos risos pasados cós diálogos deste Diván da psicóloga. Malia acabar ben.

Máis sobre König.

xenios

Do paso breve por aquelas terras apañei unhas cantas cousas, entre elas os últimos dous títulos publicados en español de Ralf König. En realidade é unha soa novela gráfica partida en dous volumes pra facer máis caixa, pero os dous ben cumpridos, no que é a máis longa e complexa das súas obras. E digo complexa poñéndome estupendo, porque creo que é o mellor que lle teño lido, e o que ten unha estrutura máis sólida: as historias mestúranse fascinantemente, e aínda que haxa un par de cadradas algo forzadas, a trama que mestura a alemaña contemporánea e a persia medieval rula bastante ben. Non hai demasiado sal groso, e si cada vez un humor máis refinado, máis certeiro.
En realidade toda esta historia sobre xenios piroludos e lámpadas máxicas é só un comaquén pra falar do islam, da intolerancia e do que pensa un cidadán branco de düsseldorf cando ve un turco de dous metros por dous metros (quen di düsseldorf di madrid ou vigo; que di turco di marroquí ou senegalés). Non sei se a idea que queda no pouso me gusta. Parece que só a maxia e o escravismo fan posíbel esas relacións, e que todo no fondo esvara cara á dominación e a ultraxe, chamémoslle burcas ou o que faga falla. Diría incluso que me parece un álbum tremendamente racista, malia as risas, malia a diversión. Estaría ben que eses que decidiron desertar empregasen o tempo nalgo interesante: molaría tanto ler este xenio en galego…

könig

A grande icona da banda deseñada mariquita volve sorprenderme. Foi madurecendo ao mesmo tempo que eu apousentaba a miña conciencia de clase: superada a crise da sida, as digresións culturetas, o momento crazyparty e ata as bromas de mal gusto, chegamos á mellor substancia. Neste ‘Podédesvos bicar’ a familia, o contorno social e a estabilidade entran a saco na vella parella de Paul e Konrad, e deciden casar. Hai algúns espiches homomilitantes, pero ben encaixados, e ata o final é lindo
Estou na estación de tren de ankara, agardando e lendo nel ás gargalladas. Tamén esperan canda min catro alemáns como armarios, preciosos, mochileiros, que cheiran como a bar leather. Son europa, como König ou Berlín, e penso moito nel cando leo a König.