Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » laptop

Arquivo de tags

alzheimer, 2

Os técnicos puxéronse a buscar cal era o problema, e despois dalgúns intentos máis ou menos infrutuosos, o abano de grises foi esvaendo. O erro é xa claramente de hardware e non se pode chegar ao disco duro de ningún xeito. Así que ou o disco duro se transmutou nestas últimas horas en carne de lagarto e morreu pra sempre con todo o que tiña dentro, ou existe un erro de contacto que pode ser amañado dunha forma relativamente rápida, cun par de puntos de soldadura.
A dor, mentres tanto, desaparece. No peor dos extremos, e debo poñerme no peor, é moita perda de diñeiro de diola. Tamén o é de tempo, de infinito tempo de configuracións. Pero o resto, os 1027 correos que tiña pendentes de resposta, as fotos de ulises e da casa vella, o arquivo do meu traballo nos últimos dous anos e o incipiente catálogo da fundación cesare, todo iso quizais teña menos importancia da que parece. E como dicía o vello, eu, agora, con trintaepico de anos e a saúde perfecta, comezo.
Comecemos de novo, pois.

Actualización: efectivamente, tratábase de carne de lagarto. Os pasos seguintes son mercar un novo disco duro e comezar de novo. En paralelo, teño que decidir se gasto entre 400 e 900 libras en recuperar toda esa información perdida. Prégase confirmación ou rexeite.

alzheimer

Cando onte á noite estaba a realizar algo certamente prescindíbel, sentín un pequeno clic no computador. A partir dese momento non sucedeu nada máis.
Non puiden durmir en toda a noite e polo de agora tampouco puiden comer. O encargado de amañar computadores, un israelí moi simpático, acaba de dicirme que o que sucedeu semella ser o “click of death“, pero que ten que confirmalo. Aí dentro están millóns de bytes completamente insignificantes, vellos números, correos, axendas, enderezos e unha lista de contrasinais desas webs ás que non accedes case nunca. Tamén está a segunda tempada de carnivàle xa descargada, dous ou tres vídeos porno, as únicas fotos que me quedaban de Ulises e, por suposto, todo o traballo dos últimos dous anos e dos próximos seis meses.
Nunca un segundo da miña vida supuxo unha perda tan grande de tempo, traballo e memoria. E a dor que sinto non hai megas que a midan.

31

Para festexar o meu ingreso na categoría dos números curmaos, decido mercar o novo computador. E flipo con tantas cousas que agora teño que repensar e resituar na vida.