Arquivo de tags

emigrantes

Despois de dous fracasos laborais encadeados en menos de 24 horas, necesitaba alguén que me puxese as cadeiras no sitio e me fixese tremer as pernas. O individuo tocou que se chamase arnis: un panadeiro, loiro tirando a rubio, e paradoxalmente longo como un día sen pan. Os diálogos foron breves, e o ferrete preciso e correcto: facía o que cumpría, como cumpría. Pero neses diálogos breves noteille un aquel estraño, e pregunteille onde nacera. Respondeume que na aldea do lado, así que lle insistín con que se o seu nome era escocés, que nunca tal escoitara. El pensouno, púxose colorado e emendouse: en realidade nacera en Liepāja, unha vila da costa letoa, e levaba tres anos acó enfornando bolos e tortas de cenoura, algo que xa facía no seu país orixinario dende os dezaseis, quizais con ingredientes distintos. Eu imitei mellor o acento escocés, e cando marchou ía convencido (ou iso creo) de que cesare era de vilamarple de toda a vida.