Oito detalliños sobre Costa Norte/ZFK, o último libro de xurxo borrazás:
- Que ben escribe Borrazás, diola.
- A ciencia ficción é un xénero chanante, onde a fe e a confianza do ou da que le vai ata as estremas do crible. Pero tampouco se pode abusar dos cómplices da farsa con enlamados literarios.
- Que ben escribe Borrazás, diola.
- Como mola o capítulo Eco. Reléoo, reléoo.
- Que ben escribe Borrazás, diola.
- Cago en virginia wolf e en todos os fluxos de consciencia.
- Copio e pego: a un autor non lle custa inventar un mundo. O problema é inventar unha linguaxe nova que fale do existente. Niso estiven estes anos, abraiado fronte aos xornais, a sofisticación no control das ideas e os comportamentos e a nosa capacidade para empeorar as cousas.
- Non estou moi seguro de que isto sexa unha novela, e as primeiras sesenta páxinas son ben duras de moer. Pero que ben escribe Borrazás, rediola.