Arquivo de tags

non fadas

Alice in WonderlandLeo ‘A través do espello’.
Non supera en maxia ao país das marabillas, quizais pola complicación da estrutura, pero achega un concepto fundamental prós días da vida: o que non-é. Busca Alicia obxectos que se moven de prateleira en prateleira e se sitúan sempre no outro andel. Ou fala co ovo máxico do día de non-aniversario.
Explícalle o reverendo Dodgson ao seu editor nunha carta os motivos e características da edición deste libro para nenos. Di que se trata dun conto de non-fadas.
Tamén eu sempre odiei as fadas.

epitafio

Pró meu caderno de epitafios, anoto unha das cobras do fabuloso poema da ‘Caza do snark’. Son os métodos para apreixar este snark, ou cobrenlla, ou simplemente a vida.

Podes buscalo con alfergas, e con coidado,
ou perseguilo con garfos e con espranza
ameazalo con accións dos camiños de ferro
ou enfeitizalo con sorrisos e xabrón.