Arquivo de tags

creacionismo

Azulexos desta tempadaUnha das cousas máis divertidas do meu traballo é observar a infinita capacidade creativa dos clientes, particularmente no que concerne a escusas sobre citas e prazos de entrega. Xa me contaron que non puideran acudir a unha reunión desas das gordas porque pillaran lumbalxia carrexando azulexos, ou que deixaran de asistir a un compromiso no verán porque a irmá lle collera cancro (un cancro moi raro, dicíame el, na parte interna do nariz).
Hoxe sorprendéronme con dous novos argumentos: el non puido vir á nosa xuntanza porque tiña que axudar o seu curmán polaco a buscar traballo; ela quedou illada todo o día nunha corte de cabalos (tentou avisarme, pero os amigos que tiña na memoria do móbil non estaban preto dun computador, puntualiza). Eu poño cara de que os creo, non sei se porque os creo verdadeiramente ou pra incitalos a proseguir esta escalada de beleza.