Arquivo de tags

linear B

De todas as cousas fermosas coas que bato esta mañá na visita ás ruínas da auténtica-atenas, por riba dos kuros e das kores coas suas greñas recollidas, por riba da faciana perfecta de antinoo (que segue sendo o “amigo” de hadrián), por riba do neno africano dacabalo ou do cu de poseidón, por riba de todas as máscaras douradas de agamenón e de todos os ollos esluídos das cariátides, aínda por riba de todo iso, estan as plaquiñas onde figuran as únicas palabras escritas en linear B.
Porén, e malia a súa beleza, a guía pasa á carreira e sinala que non é unha verdadeira escrita, porque só son listaxes de cousas. E micenas regresa ao esquenzo, coas súas listaxes de cousas.