Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » literature

Arquivo de tags

ídolo

Lois TobíoPor estas cousas do destino, e nunha edición que me cede o sempre xeneroso Ian, leo As décadas de TL, a autobiografía de Lois Tobío. Nesta illa é moi frecuente escribir biografías e autobiografías, que contan cun dos espazos máis sobranceiros nas librarías, mentres que en lingua galleta son porén aves raras. O groso volume de 700 páxinas engánchame ao café e aos desvelos e deixa que se consuman as madrugadas entre unha edición que desencola, abre e esborralla. Esta autobiografía non é un capítulo de feitos políticos, aínda que probablemente puidese escribir andeis sobre grandes eventos do pasado, nin é unha vinganza nin un choro melancólico, senón un exercicio de prosa áxil que fía os feitos históricos cos beizos dunha alemá no berlín prenazi, cos baños turcos de Sofia ou co primeiro ford taunus que merca en uruguai. É a autobiografía dun señoriño corrente e humilde que, nas máis pequenas cousas, brilla como o gran home que deberían lembrar os días da historia. Un home que, malia morrer con 97 anos, non me apurei a coñecer, e dóeme grandemente.
Porque agora teño claro que de maior quero ser Lois Tobío.

festivo

Pra darlle a razón a plattdorf, as librarías deciden non abrir. Entenden que unha empresa razoábel non debe funcionar os disantos e fregan as mans cavilando en todos os clientes ansiosos que acudirán ao día seguinte (xoves) a mercar libros. Como non comprendo nada do sistema capitalista, decido ignoralo: érgome cedo, medícome e desprázome por causa laboral ata sada. Alí os académicos dan lectura, diante dun cada vez máis merengoso e fútil presidente touciño, a un manifesto preciso, valente e correcto. Xa non é o primeiro acto oficial das Letras ao que acudo, e debo confesar que cada vez me gustan máis. Había blogueiros ilustres, había señores que escriben a máquina, e había tamén unha prezosa a prezada conselleira que, a pouco que se descoide, é adoptada por todos os galegos maiores de sesenta. Interrómpeme co móbil o meu amigo Koala, retransmitíndome dende o lado escuro a súa indignación: antilosada, antiquintana, anticallón… o lado escuro está moi extraviado, e á miña esquerda entra un rapaz imponente. Viste un nique sen marca, de cor verde, unha chupa de coiro e unhas zapas puma ben xeitosas. Senta cabo de min, desprega as pestanas, aplaude o último dos académicos, canta o himno e marcha. Non parece galeguista, e iso gústame. Sígoo, mentres á miña dereita sacan a xohana torres en padiola. Monta nunha chóper, fala cun gardacivil, pon o casco e desce deica a sada na moto. Sígoo, pero extravíaseme o amor nun semáforo.
Así que como a febre comeza a subir e a gorxa estrala, decido pasar dos pinchos académicos e collo autoestrada cara a humidtown. Curro algo, vou prá cama, leo a auster e logo érgome pra oler a suor dos homes máis fermosos do mundo: ashley cole, thierry henry, cesc fabregas, henrik larsson. Gañaron os de senalcume, non os meus, pero eu fágome rapidamente siareiro da beleza.

serie de preguntas apropósito das letras

Que pretenden os que queren que o Día das Letras se lle dedique a un autor vivo? Está acaso máis próximo á sociedade euloxio ruibal ca Roberto Vidal Bolaño? É acaso unha obra máis interesante a de caneiro cá de María Mariño? Fixo máis polo idioma xavier villaverde ca Chano Piñeiro?
Pero é que… de que tanto laian estes que reclaman que o Día das Letras sexa laboral? Pretenden igualalo co día da loita contra o alcéimer? Coñecen algunha cultura próxima ou afastada que lle dedique un día ás súas letras de xeito tan monográfico? Acaso o cervantes é tan importante coma o noso? poden lembrar o último cervantes? e o anterior? Poden nomear unha cultura que publique un 15% máis de libros por cousa dun só día? Poden mencionar algún sistema de remuneración a intelectuais máis espectacular ca todo o circo de conferencias, concertos e artigos que se desprega nestes días?
Non hai acaso mortos abondos e valiosos? Ou queremos agochar o noso descoñecemento dos homes (e mulleres) do exilio ou dos precursores con receitas de contemporaneidade?
Que nos molesta da institucionalización? Viviamos e escribiamos mellor contra franco e contra fraga?

estudas ou traballas?

Despois de ler un divertido e provocador artigo de jaureguízar na Terra Deles, onde puña a feder mesmamente a xose carlos caneiro, fantaseei un pouco coa seguinte pregunta pra ligar nos bares: e ti de quen es, de jaureguizar ou de caneiro?
Evidentemente ninguén os coñece nos bares. Por sorte.

fábula

Vou con Martin (Pawley) a unha conferencia en ankara. Fala Martin (Garzo) sobre Andersen, os seus contos tristes e a irmandade do chícharo. Os contos máis tristes, di Martín Garzo. Cita a Chesterton, e cita tamén a Benjamin, e por suposto aos grandes contadores. Téntome apoiar na memoria, pero xa non me queda nada dela: esquecín a sereíña, o soldadiño de chumbo e tamén os príncipes ciños, os seus sufrimentos e desexos.
Dende as meniñas dos ollos caelle un río manso a Martín Garzo, remuiñando cada vez que unha historia arrastra outra, como as cereixas: “Os contos véñennos dicir que vivir paga a pena“.
Abofé.