Arquivo de tags

celtas non, lituanos

Bandeira de LituaniaLeva unha bandeira lituana na lapela, gasta boina galega e orienta o fuciño como se fumase en cachimba, pero probablemente houbo de vendela pra mercar o pantalón de chándal que viste agora. É maior, bastante maior, e vai sentando nas cadeiras libres á caza de orellas abandonadas. Nun meu despiste, apréixame a miña.
— …si, si, a lingua máis importante de Europa é o lituano. O 30% das palabras do inglés son de orixe lituana. E o lituano é, de todas as linguas de Europa, a máis próxima ao indoeuropeo. De feito, hai unha gran pegada lituana en España: Andalucía chámase así polos vándalos, que eran lituanos, e tamén hai moitos apelidos lituanos aló, como Galíndez. Galíndez vén de galas, que en lituano significa ‘fin’. Por iso se chama así a Galia. E tamén Gales, Galicia..