Arquivo de tags

valor

Falando cun rapaz que agardo que apareza axiña por aquí, soltoume esa frase tan estraña e desacougante de “o sexo, sen algo máis, non vale de nada”. O que me aqueloutra é saber a qué se referirán con ese “algo mais”, de qué se trata exactamente, e sobre todo qué lles impide atopalo na fodaina, por moi aleatoria que esta sexa.
Remoendo nesas collo o coche e vou ata embiburgo pra ver a Wiesbaden, un rapaz alemán que traballa de enfermeiro (tag:nurse xa!) e que estuda psicoloxía clínica. Non foi de chegar e encher: falamos un bo pedazo, xogamos co gato Fido, bebemos un viño rosado… Deulle tempo a despregar todo o abano de tópicos: é imposible que sexas gai e non che guste madonna, os gais non deberiamos adoptar porque somos un pésimo modelo de comportamento, ou non sei por que hai que estar orgulloso de ser gai. Resultaba tan cansino que me entraban ganas de arrincar. Pero era miralo ben, mirar prá barra de facer bíceps que tiña chantada no marco da porta e virme a sensatez: este chaval loiro, moldeado milimetricamente, preciso en todos os seus tecidos, estaba moi por riba das miñas posibilidades. Así que despois de contarme a historia do seu avó polaco no campo de concentración, de poñerme cancións de la oreja de van gogh porque son españois e de dicirme que hitler foi malinterpretado polos seus seareiros e que el non quería realmente matar na xente, puxémonos a foder.
E mentres me chovían un par de galóns de proteínas, seguía a remoer nese “algo máis”: hai milleiros de motivos pra liscar do choio coa pirola na boca, pero non se me ocorre ningún pra dicir que foder é un acto baldeiro.