Arquivo de tags

despedida 2: lola

A lola puxémoslle lola pola defunta tía do meu pai. Gustounos lola. Era un 206 azul ducados, diésel, sen aire acondicionado.
Lola foi lola camiño de liubliana, no zoo de berlín, no gughenheim, en lisboa, en sevilla, en negreira, en barcelona ou en valencia. Nun momento dixen: “a partir de agora sexo, vida e quilómetros”, pero a vida e o sexo foron só outra forma de chamarlles aos quilómetros. E lola viunos todos.
Lola, marcando 183.589, quedou aparcada hoxe definitivamente na porta do concesionario onde a adoptáramos hai catro anos e medio. Durante un tempo, a combinación 5772BTP roerame na tristura coma as animalias.