Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Malaysia

Arquivo de tags

1/2

Dígolle que me diga o seu nome, insístolle, pero sei que non mo vai dicir. Neste hemisferio chámanlle Stanly, pero o seu nome real, aquel co que se identifica nos barrios chineses de Johor (Malaisia), quedará perdido entre os porlís de ideogramas, os botes de vitaminas, as revistas de perruquería e os cunquiños de snacks. Co seu tatexante inglés dime unicamente no, e yes, e pregúntame pen? mentres ma chuza. Non pesará máis de 45 kg incluído o pirsin da cella, a boliña prendida na lingua e o ferragancho que lle pendura da mamila esquerda. E aí está dándome, baixiño, calado, fuxindo cos seus ollos dos meus ollos, protexendo un pasado que, despois duns cantos chineses, sei que é innegociábel.
* * * *
Tommy, de nome real To, é máis aberto e cóntame das súas escasísimas relacións. Procede dunha cidade da China central, e leva neste país catro anos; comparte un piso ao que se lle estropeou a caldeira da calefacción, así que logo de falarmos un pouco, cando o frío nos empeza a enchoupar os ósos, cubrímonos co edredón, levántolle a camiseta e comezo a lambelo. Quizais teña a piroliña máis pequecha que vin nunca, pero iso non había de ser malo; o medo e a angustia si o son, o que sumado aos equilibrios co edredón e á música que pon pra que os seus compañeiros de piso non sospeiten nada —e que de certo os fará sospeitar— fan que aquilo camiñe con paso firme cara ao desastre. Ao final encadeamos un par de posturas eficientes e todo remata máis ou menos ben. Ao despedirme no portal pregúntame se nos volveremos ver ou se isto foi só un ferrete máis. Respóndolle que ningún é nunca un ferrete máis.

autopsia

En realidade, estes últimos posts non debían existir, pois son produto da febre e da incomodidade, e si un sobre danny, ese médico malaisio que me diagnosticou o domingo de mañá.
Fillo de xaponés e de australiana, a súa lingua materna é o inglés, e fálaa cos seus amigos da elite de kuala lumpur aínda que, recoñeceu, sabe o mínimo de malaio por se vai comprar ás tendas ou así. Por iso veu a escocia a estudar medicina, e por iso realiza uns erres escoceses como ningún outro malaio. Ten unha conversa esmagadora, tanto que nos breves respiros en que podo meter baza, xa nin me acorda o idioma e digo torpes palabras de aceptación ou negación ao tema do momento: cómo se certifica unha morte, cantos tipos de sarcomas hai e como afectan a poboación ashkenazi, e tamén, oh premonicións, cales son as enfermidades de transmisión sexual máis comúns nesta illa. Ten un corpo estupendo, pero procede con eses costumes orientais que non consigo aparellar co desexo: os arrotos e comer coa boca completamente aberta. Ademais, está obsesionado coas tetiñas e cos embigos, así que todo o sexo se reduce afortunadamente a iso: lambedelas de embigo ata quedarmos durmidos.
Á mañá xa foi todo así: pánico, suxedade, diagnose, vergoña.

tratos

O trato con Fai é sinxelo. Eu doulle algo de cariño e metemos un ferrete, e el faime unha rica cea chinesa e ponme un DVD de acción. Á peli toca Déjà Vu, infinitamente peor có seu tráiler, que é o que lles pasa a todas as pelis de acción. Á cea, uns fideos chineses con xudiíñas, panceta e chile, e mais unha sopa de lentellas brancas e coendros. Ó ferrete, unha pequena e brevísima combinación de lambidas e caricias, torpe como todas as veces, e desta un pouco máis molesta polo bigote picón que Fai deixou sobre o seu rostro de panda malaio.
Á mañá, de cedo, a alarma antiincendios, pra lembrarnos que este piso decorado con altares de buda está nun barrio ao sur de glaspop, en chucheland.

malaísia

Quedo cun chaval en principio pra xogar ao tenis, pero despois, por unhas e outras razóns, trocámolo por cearlle algo e ir ver a de jamesbond. El chámase Fai no seu nome chinés, Choon Hui no malaio e Jef no inglés, e das tres formas pode e quere que o chamen. É enxeñeiro de obra civil recén licenciado, budista e falante de cantonés, e delóngase en explicarme a harmoniosa convivencia das tres principais culturas de malaísia: iso si, non desexa voltar. Ninguén lle sabe do de ser gai: nin na familia, nin nos amigos, nin por suposto no traballo, e só lle coñecen o segredo os que foderon con el, e ao que se viu non deberon ser moitos.
Ten todo o que non se debe ter nunha cama: timidez, renuncia ao pracer propio e unha desmedida ansia por limparse. Pero as apertas do seu corpo de osopanda imberbe véñenme ben, como tamén me vén ben durmir nunha cama cómoda ou a misteriosa menciña chinesa que me frega sobre o xeonllo. “Mira”, dime sinalando uns caracteres latinos incrustados no panorama chinés da etiqueta: “é de fabricación malaia”.