Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » media

Arquivo de tags

tachán!

Hai cousas peores ca morrer á hora do fútbol. Un pode morrer, por exemplo, o día en que se produce un cambio político de magnitudes aínda insospeitables. Foi o que lle pasou a Avelino Abuín de Tembra. É pouco probable que Avelino Abuín de Tembra reciba nunca o Día das Letras: a súa obra poética é decididamente doutra época. Ademais, esforzou boa parte da súa vida a un premio e unha organización estrañas, discretas, practicamente descoñecidas hoxe en día malia a súa lonxevidade. E anque non o coñecín nin nunca o tiven diante, Avelino Abuín de Tembra foi unha persoa fundamental na miña vida.
De neno, e aínda agora, eu fun de escoitar moito a radio. E aló, naquela Radio Galega imaxino que alboriana, tiña un recanto Avelino Abuín de Tembra pra poñer música de bandas. Mentres os nenos do meu tempo escoitaban Hombres G e Mecano eu sentía a banda de música Unión de Guláns e imaxinaba que aló, nalgunha outra parte afastada, había preciosas e escintilantes vilas de nomes longos, con mozos que tocaban o trombón de varas, e na fermosa voz de galeguista de Abuín de Tembra aquilo das bandas figurábaseme que era ese país distante que chamaban galicia, case segredo, onde as cousas eran solemnes e fermosas.
Que a terra lle sexa leve, mestre.

couces

Teño dous bos amigos traballando na Voz de Galicia. Dúas persoas que admiro, que sigo, e polas que ademais teño un deses cariños que fai que broten as súas lembranzas mercando no súper ou paseando por cidades estrañas.
Iso non me impide dicir que a empresa prá que traballan é do peor que existe en Galicia. No delito de hoxe acusan de prevaricación non só a consellería de Industria, senón tamén a construtora que promove un xornal que lles quere facer a competencia. Pra esa acusación tan importante baséanse en “fuentes próximas a las negociaciones que San José mantiene con los bancos” (e por máis que busco nos manuais de xornalismo non atopo esas “fontes próximas sen identificar” entre as fiábeis pra facer unha acusación tan seria). E con isto non defendo nin o concurso eólico nin moito menos o novo xornal: nestas guerras ficticias non todos somos soldados.
O comportamento siciliano da Voz con persoas, empresas e, en particular, coa administración pública (con todos nós, xa que logo), é tan repulsivo que só pode esvaecer ao lado dos delirios de grandeza do seu editor. Grazas á chantaxe sistemática á administración (da cor que sexa) chegouse a un ecosistema de ruindade e manipulación entre o goberno e os medios de comunicación que coloca ese país no límite do que o mundo civilizado entende como réxime democrático.
Hai moito que o borrei da lista frecuente de xornais, e só entro nel moi esporadicamente e por razóns profesionais. Hai infinitas razóns pra non facelo nunca.

irritación

Nun momento de pausa mentres almorzo dáseme por realizar un pouco de hermenéutica e busco o verbo irritar en El País. Non o fago de forma sistemática, e ademais a ferramenta de busca é algo zoupona, pero o azar é o azar, e non deixo de flipar ao saber quen comete ese irritante pecado de irritarse.

  • Cataláns: 7 (tripartito 3, ERC 2, CiU 1, outros cataláns 1)
  • PP 2
  • Relixiosos musulmáns 2
  • Rusos 2
  • Israel 2
  • Rexións mediterráneas 1
  • PNV 1
  • Nacionalistas en xeral 1
  • Outros 1 (un candidato a reitor na universidade… vasca!)

Na análise deixei fóra o terreo dos deportes, onde a xente adoita irritarse con facilidade.

radio

Non quería meterme a falar destas cousas posto que dalgunha maneira estiven implicado en idas e vidas laborais que podían erguer sospeitas falsas. Pero agora que todas as espranzas de traballar aló se diluíron, e que só podo ser acusado de resentimento, ceibo o que levo semanas pensando.
I. A nova radio, colonizada polo sindicato das carrachas, apostou por manter o statu quo dos seus funcionarios en vez de converterse no motor do país urbano. De aí derívanse uns requirimentos de selección de persoal onde a experiencia no ente conta seis veces máis ca outro criterio, e outros procesos lamentábeis, como facer unha proba pública para escoller director do programa estrela da fin de semana. Os sindicalistas non reproban que no exame non haxa que presentar un proxecto de programa: preocúpalles o enchufe, a eles que se incorporaron sempre en condicións de limpeza, igualdade e publicidade. Pero, que enchufe? Acaso se quixesen fichar a Xulia Otero cumpriría sometela a unha proba con 70 aspirantes onde o que máis se valorase fose a experiencia na CRTVG? Agardo que estes parásitos do meu diñeiro prosigan as súas esixencias de xustiza reclamando que se saque a concurso tamén a dirección do programa dos evanxelistas.
II. Todo isto solucionábase eliminando a figura do funcionario. Ou estes postos que, sen ter carácter funcionarial, son máis vitalicios có do papa de roma.
III. Paralelamente, o comezo da nova programación da radio galega non pode ser máis decepcionante: unha lista embiguista de colaboradores construída sobre un país no que, ao parecer, non existe a dereita; uns locutores zoupóns e parsimoniosos promovidos unicamente polo seu compromiso social; e en xeral unha torrada. Magoantemente, todo o que pensabamos que ía saír mal, está saíndo mal. Agás Xavier Queipo, o meu escritor favorito, que antonte me ceibou por esas mesmas ondas de radio un poema fabuloso. Vamos, coma no réxime anterior.

gala

A tarde do domingo é fera e ameazadora, así que tento pasala metido no sofá, aforrando todos os movementos posíbeis. Comezo un par de sudocus, pero é un esforzo intelectual demasiado grande pra esa sesta de mazapán, e déixome engadar pola televisión. Zapeo en roda e caio na repetición da gala de Noiteboa da TVG. Aguántoa, a medio camiño entre o experimento sociolóxico e o abismo (comprobo que ao lado escuro tampouco lle gustou: así o din aquí e acolá).
Houbo grupos galegos, cando menos na parte que eu vin: Malvela, DeLuxe, Uxía, Luz… Pero iso a min pouco me importaba, pois o peor foi o resto. A fiada zoupona e cutre de esqueches transmitía a sensación de que a gala se estaba gravando a comezos dos 80. De feito, ao mesturaren imaxes actuais coas da prehistoria da tele, ás veces perdíase a consciencia do tempo: distinguíase a arquividade das tomas só polas enrugas dos presentadores. Pedantes, atrapados no paradoxo de facer galas de nadal prá xente que non lle gusta o Nadal, romos nas chanzas e inaceptabelmente aldraxantes cando se bulraron de xoanpardo porque este ano non presentaba o programa. Imaxinan vostedes a xoanpardo rindo na tele de antonio durán morris? Non, e aí é onde se ve a clase. A este paso, os novos responsábeis da tele conseguirán o que parecía imposíbel: perder un público fiel sen gañar nin sequera un só espectador novo.
O mellor momento de todo o programa foi un flashback, unha imaxe do pasado: Marta Sánchez di a enigmática frase de ‘Brindo para que Galiza non esqueza, e xa sei que me ides cortar…’, á que lle responde xoanpardo ‘aquí non se curta nada’. Non parece verosímil que exercicios así se puidesen dar na lama que conduciron morris, evaristo e taracido, seguramente tres dos mellores humoristas do país.
Por sorte, ao rematar puxeron Pratos combinados.