Arquivo de tags

mésenller

Aparece un belido brasileirito e séntaseme ao carón. Estamos no meu bar favorito, conectados a internet, mirando pola fiestra. Ao parvo botamos a falar, así como de compromiso. Pídolle o mésenller.
A dúas cuartas un do outro, e cada un na súa pantalla, comezamos a trocar mensaxes escritas mentres traballamos (eu) ou buscamos documentación pra renovar o permiso de residencia (il). As frases vanse cargando de maldade e acabamos despedíndonos cunha cita pró venres porque pra esta tarde eu xa quedei cun avión.