Arquivo de tags

microsoft

Piratería MicrosoftRecibo un correo dunha mocita chamada Ashley Chang falando en nome de microsoft (sen logos, sen nada, só cun enderezo de correo). Pra non sei qué experimento (que non explica) pídeme que lle envíe textos en galego. Eu remítolle aos sitios de costume, e volvo ás miñas. Pero ela insiste: por que non me envías textos que teñas así por aí, que o dos xornais está ben, pero queremos outro tipo de cousas. Ah, e de paso, por que non me mandas o enderezo de correo duns dez ou vinte amigos teus? Recompensarémosche.
Mil preguntas véñenme á mente. Tan cotizados andan os enderezos de correo que hai que facer este esforzo de despiste? Cal é a estratexia do calote pra andarnos co engado da “lingua minorizada”? Quererá vender reloxios ou viagra? Canto pagarán por eses correos?