Arquivo de tags

mormoas

Algo hai que facer mentres vai chegando a madrugada e a incomodidade da pirola non me deixa durmir: así que me poño a ver na cama Últimos días, película romántica do encontro entre gai-guapérrimo-fodedor-superficial dos Ánxeles e gai-nonseise-gai-mormón de Utah. A historia ten todo o que ten que ter, as frases que hai que lembrar, unha miguiña de chiscadelas pra romper a friaxe do sucedido e a súa parte reivindicativa e de autoaxuda. Todo no seu sitio, ata a bágoa do final.
Pero, por deus bendito!, non é este precisamente o filme pra ver cando se terma dunha granxa de bacterias.