Arquivo de tags

el que no mama

O ministro gamberro chegou a humidtown como paulo coelho, buscando a espiritualidade que nós perdemos ou que sepultamos baixo toneladas de raxo e gaitiñas de xoguete. Non sei se deu con ela, pero o concerto foi xenial, malia o cansazo laboral de traer media provincia da coruña ás costas. Con Fufli e con Paulirroxa bailamos algo e divertímonos moito máis vendo ondear bandeiras tatuadas con ‘ordem e progresso’ e escoitando un fermosísimo español.
Teño a tentación de ser moi cruel, pero vouno aforrar: non quero que me confundan o isolomoldavismo co internacionalismo. Pero botamos tanto tempo tentando aprender cando se escribe ese simple e cando ese duplo que esquecemos enviarlle unha carta ao ministro máis importante da lusofonía. Non existimos e é tan divertido…