Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Nationalism

Arquivo de tags

Quintana dimisión

Eu fun Quintana durante uns días. Crin realmente no seu proxecto, e creo moito nel como político. Nunca ningún galego me entusiasmara tanto e, a pesar do BNG, estaría disposto a estar na primeira liña de algo que se denominase quintanismo. Porén, Galicia vai por outro lado. A derrota é inapelable, e Quintana ou, no seu defecto el e mais todos os responsables desta derrota, deberían dimitir. Iso non dá pra máis, e cada día de permanencia é un día máis de descreto prá cidadanía, un día máis de impedir que alguén se poña visiblemente á fronte e tome as decisións adecuadas.
Como dixo fantasticamente orsinia nun tuiteo oral, Quintana progresou na Galicia fraguiana, pero Galicia xa non é fraguiana. Quintana conseguiu algo impensable: aumentar decididamente o voto no rural, e se non fose polo estrondoso derrube da capital provincial, Quintana tería colleitado resultados históricos na provincia de Ourense.
Pero ao tempo, os votos fuxiron polo outro lado. Son votos que se foron sobre todo cara ás opcións de dereita (PP e UPD), menos cara a opcións de progresía difusa (Os Verdes, PUM+J, brancos, nulos), e moito máis residualmente, cara á esquerda (EU). Ningún marchou cara ao nacionalismo.
Daquela, cara onde ir? Os de dentro, os que estaban esperando pra sacar a navalla e os que xa a tiñan sacada, cren que a súa é a boa dirección: máis esencias, máis asemblearismo, máis esquerdas, máis nacionalismo. Pero os números dos galegos son exactamente os contrarios: hai unha Galicia moderna que atopa no PP e en UPD valores que antes vía no BNG, votantes de Beiras que agora votan a Feijoo tan tranquilamente, e que nunca viron contradición entre unha cousa e outra.
Non hai sitio nos anos dez pra un partido falsamente asembleario; non hai sitio pra un partido chapado á antiga, rancio, falto de transparencia, e onde nunca ninguén dimite por nada. A democracia non é xa así.
Tampouco hai que autoenganarse: a situación é dramática. E o peor está por chegar, sen ir máis lonxe, en xuño. Pero se replicamos consignas xeradas por nós mesmos e non escoitamos o que di a xente, o BNG ten moitas probabilidades de ir ao suicidio. E non ao asasinato por parte dun compló mediático ou das forzas do mal, nin sequera á desintegración, non, ao suicidio.
Se eu fose Anxo Quintana, dimitiría. E a cidadanía, os votantes e os que o poderán ser nun futuro, están esperando que o faga. Levan horas esperando.

hungría

Despois de toda a discusión destes días sobre educación física e totalitarismo, vou ver o filme húngaro Liberdade, paixón, traducido non menos pomposamente a occidental como Rapaces de gloria. O filme é pavorosamente nacionalista: outubro do 56, os húngaros son esmagados polos soviéticos, momento que coincide coa semifinal olímpica de waterpolo entre a CCCP e Hungría. Se a iso lle engadimos unha historia de amor entre o mellor xogador maxiar e unha líder revolucionaria, creo que podemos imaxinar o resto, unha peli bastante previsíbel e monocorde, sen fendas pró humor. Pero, ai, como non pegar un chimpo ao ver o sangue na piscina, como non dar un bote cando Imre Nagy sae ao balcón, como non sentir nas entrañas o renxer dos tanques sobre budapest? Como non arrecender o cloro de Melbourne 56?

parto

A intérprete polaca fala dun traballo que fixo no paritorio dun hospital local. Os médicos dinlle á muller que breath, que push, e a tradutora traduce que respire, que empurre. O parto é inminente, e a muller parece que vai estourar. Pero niso deixa de empurrar e pídelle á intérprete, con angustia, que traduza: pregúntalles se este neno vai poder ser escocés.