Arquivo de tags

that’s why tonight belongs to you

Hai meses, bastantes meses, comecei a falar do discurso de Novo Hampshire. Foi por xaneiro cando barack obama encadenou esta serie de palabras, que logo ecoarían de costa a costa, dun mar a outro brillante mar, en forma de youtube, cancións ou o que fixese falta. Esta noite, logo dun día enteiro pechado na casa polo temporal, acabei de traducilo. Son palabras fermosísimas e por veces estarrecedoras, anque en cousa duns meses sexa cinza todo canto temos agora, todo o que se nos tendeu a modo de espranza.

Hai unhas semanas, ninguén imaxinaría que poderiamos facer o que fixemos esta noite aquí, en Novo Hampshire…

Read the rest of this entry »