Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » olympics

Arquivo de tags

As miñas dez razóns pra apoiar Río 2016…

  1. rio2016Olímpico é universal, e os Xogos nunca foron a América do Sur. Todos os outros países, xa non digo continentes, recibiron os Xogos varias veces.
  2. A candidatura é sólida, moi sólida, tecnicamente mellor valorada cá de Madrid ou a de Toquio.
  3. Se utilizamos os Xogos como ferramenta de proxección universal, Río ten moito máis ca achegar cás outras candidaturas como modelo cultural e de cidadanía, agás probablemente Toquio.
  4. A economía brasileira é de todas as catro a que ten unha maior proxección de desenvolvemento.
  5. Brasil é o quinto país por poboación do mundo.
  6. A organización suporía un motor pra todo o subcontinente e unha mellora das comunicacións entre esa parte do globo e o resto do planeta.
  7. Aínda que sempre é un problema loxístico celebrar uns Xogos no Hemisferio Sur, Río está case no ecuador, é dicir, sofre unha discreta variación estacional.
  8. Brasil demostrou unha boa competitividade nos Xogos de verán nos últimos anos: doce medallas en 2000, dez en 2004, quince en 2008… e nunha pluralidade de deportes. Porén, o número de medallas non foi tan alto como para que a organización dos Xogos non supoña un importante empurrón na súa calidade deportiva.
  9. O Río é unha sociedade multiétnica, incluso máis ca Chicago.
  10. A pesar da web, a comunicación da súa candidatura é a mellor das catro: teñen moito que ofrecerlle ao mundo.

… e as cinco pra non apoiar Madrid 2016

  1. Nin a economía nin a sociedade europea se van beneficiar directamente de Madrid 2016. É máis, das catro cidades candidatas, a que ten unha peor perspectiva económica a medio prazo é Madrid.
  2. España, un país pouco relevante no mundo político, demográfico e sobre todo, deportivo, xa organizou uns Xogos, e non hai moito: só seis Xogos atrás. Incluso entre Chicago e Atlanta hai o dobre de distancia ca entre Madrid e Barcelona.
  3. A comunicación da candidatura de Madrid é horrible. Cando ma presentaron en petit comité hai uns meses xa mo pareceu e mes a mes foron progresando en mediocridade ata superaren a da frustrada París 2012 en pésima orixinalidade: nunha soa frase, que nos vende Madrid? “Corazonadas” (chequear se corazonada existe en galego e, se non, como traducilo).
  4. A presentación da candidatura non podía ser máis pailaroca, máis antiga: Raúl, Manolo Santana, un rei… Onde está Nadal? Xogando. Onde está Cristiano Ronaldo? (non responder). Quizais se explique porque, no fondo, a cobiza polos Xogos foi bastante pailaroca: se Barcelona puido, nós tamén. Que sexa a filla de Mercedes Coghen, a cabeza visible da candidatura, a que faga de “nena” na presentación é moi simbólico: o resto do planeta cre que en España reina o nepotismo, e Madrid 2016 quérello confirmar (esquezamos agora que as probas de vela van ter lugar en Valencia…).
  5. Despois das críticas do informe do COI, que fixeron as administracións españolas e madrileñas en política antidopaxe ou en claridade financeira? E ademais, non sendo nacionalista, por que se supón que debería apoiala?

filántropos

Durante os últimos cincuenta anos, un grupiño de mozos impulsou e dirixiu unha asociación de fins tan positivos e interesantes como difusos. Nela gastaron a maior parte dos esforzos da súa vida. Algúns son xuristas, outros enxeñeiros solteiros ou avogados filatélicos, e todos eles comparten un mesmo background aristócrata e conservador. Pero a bioloxía fixo o seu traballo e agora sobardan os setenta, afunden os ollos amarelos e falan de moitos dos seus amigos con enpazesteas ou diolosteñanaglorias.
De diversos puntos do planeta acudimos a Ciudad-Ajo os salvadores, xente moi distinta que compartimos vagamente algunhas das súas ilusións arcaicas. Chámannos pra que gobernemos a asociación na sombra, levando o peso executivo e deixándolles aos velloucáns a sensación de que aínda están ao mando. Sobre o papel, a manobra é perfecta. Pero vai ti saber qué pensan en realidade os filántropos sobre a filantropía.

loita de clases

Como están de visita Apandadora e unha amiga superviguesa, non teño moito vagar durante o día pra estar pendente dos Xogos, atarefado en facer de chofer e de guía turístico. Pero érgome cedo, antes ca elas, e aproveito ese momento de abrir o día, cando veñen os pardais aos comedoiros do xardín e toda vila-marple permanece en calma. Na pantalla do computador, vexo o bádminton ou o tiro olímpico grazas ao servizo total da BBC. Na tele, ao fondo da sala, os éxitos (e polo de hoxe sobre todo os fracasos) dos deportes británicos, os seus boxeadores morenos tatuados, os seus remeiros loiros licenciados.

pasado

London 1948A outra finde tiña un evento moi especial. Entre xornada de atletismo e xornada de atletismo, os xuíces organizabamos a nosa curry night, que consiste basicamente en irmos todos xuntos a un sanclodio indio e enchernos de carne seca moi especiada pra que non se poida distinguir, xa non o ano en que se cociñou, senón o becho ao que pertence.
Dos setenta e tantos presentes, eu era o único que entraba na categoría deportiva de under50s. Así que sentei nun recantiño e púxenme a escoitar os comentarios do Hugh, un bedel do museo que é xuíz no lanzamento de peso, as bromas sobre mallorca que fai o Phil, o árbitro de saídas, e as batallitas do Neil, un velloucón conservador a quen todo o mundo ignora e que, por iso, vén sentar pra onda min. E así, falando disto e mais daquilo, das cousas que lles interesan aos vellos británicos, o Neil acaba por discutir co Hugh sobre se a dopaxe de Ben Johnson en Seúl foi claramente unha manobra da CIA. A partir dese punto de inflexión xa só nos quedou lembrarnos dos vellos tempos, dos vellos atletas, dos antigos eventos que traían lembranzas sen televisión. Cando me ergo da mesa pra airearme, queda pairando sobre os restos de polo ao caril e sobre os perdidos grans de arroz a última pregunta de Neil: lembrádesvos do meu amigo Pattson, o escocés que correu os valados en Londres? E cando di Londres quere dicir Londres 1948.

puntoeseguido

Estar quince dias coas suas noites na academia olimpica de Olimpia facendo un curso sobre o obvio olimpismo foi unha das experiencias máis flipantes da minha vida. Estar con 200 persoas de noventa e pico países completouna, derrubando pero sobre todo reforzando os tópicos: agora teño mais motivos pra odiar a serbia, pra pensar que os arxentinos son pretensiosos, pra crer que todos os brasileiros usan bañadores amarelos apertados e pra asegurar que todos os letóns teñen esa pefecta faciana de fódeme-fódeme.
Agora queda por diante unha semana con Barataria en grecia, ainda non sabemos ben onde: as illas, o peloponeso, atenas mesmo… Nun youth hostel de verdadeira-atenas agarda el esta noite, quizais conectado ao mesmo tempo ca min, mentres nosoutros facemos no hotel todos os rituais das despedidas. Pra sempre.

convivencia

Finalmente, o choio este que vin facer non esta a sair mal de todo. A socializacion con 200 paisanos e paisanas de cen estados distintos (por parellas, como na arca de noe) é prudente e pousada. Unha melindreira galega á que todo lle son noxos, un portugués, un brasileiro e dous arxentinos respondendo aos tópicos (neste último caso, ata límites indescritíbeis: apelidase bugallo castro e naceu en pontevedra), pretos, brancos, belidos orientais, unha floriña honconesa, unha minoria minorísima francófona (na que estou anotado), un xogador de rugbi francés co que comparto habitacion e ao que non lle fan moito chiste as alusións aos deuses do estadio, un mocito húngaro saído claramente dunha peli porno húngara…
Os primeiros dias non hai tensións: así acabo repasando a discografía de eros ramazzoti cun romano de libro e un portorriqueño: logo bótanse ao regueton e finalmente ás obscenidades sobre unha simpática e prezosa rapariga checa.
Hai xente, ademais, á que non entendo.