Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Ourense

Arquivo de tags

as cidades escuras

Les cités obscures1. Atenas, humidtown. Moverse por estas cidades, polos estreitos carreiros que deixan as columnas de edificios de oito, catro, dez, quince, nove, seis andares, é unha experiencia de tristeza. Os veciños que se atreven a saír (cónstame que moitos asexan o fondo das rúas dende as súas empoleiradas fiestras) ocupan malamente unhas beirarrúas rotas e tenebrentas; quédalles o espazo que deixan os coches que gabean por elas ou que saen e entran de graxentos garaxes. Hai nestas cidades escuras moito ruído, un estrondo bronco e constante de motores vellos; por entre os fumes e os dióxidos xorden as sombras alleas de homes e mulleres, abrigados de escuro, de mal carácter, con ollar escornado e impacencia. Estas son as cidades escuras do meu país, onde ás veces medran abrochos de pradairo entre as baldosas: máis como escarnio, como demostración da vitoria esmagadora contra a vida, ca por homenaxe ás vítimas.
2. Ankara. Non nos enganemos; ankara é tamén unha das cidades escuras. Ten o mesmo fume, o mesmo ruído bronco e xordo, o mesmo arrastrarse da tropa pola terra. Pero xeograficamente a ankara tocoulle a sorte de fincarse contra o mar: a costa bordea o seu perfil e nel, nesta magnífica mañá soleada, bate o mar contra as praias e o peirao. Os habitantes das cidades escuras, de todos os xeitos, seguen encorvándose ao interior, onde a luz do sol non chega. Protéxenos dela novos diques de area e muretes, e altos edificios que amparan a brancuza percepción da vida nas rúas. Pero, ais, en franca rebelión, sen que se saiba moi ben por que ou por onde, uns bañistas saltan as alfándegas da tristeza e contra os muros exteriores apoian os lombos: déixanse acariñar por este sol de inverno, en bañador, ou amosando uns peitos que son máis ca nunca arma de resistencia.
3. Identidade. Hai tempo, non hai moito, eu habitaba feliz estas cidades escuras. Levo no sangue máis vello o runrún dos seus bruídos xordos, e nos bronquiolos máis afastados apózanseme os dióxidos, conspirando pra converterme a min tamén en materia escura. Suponse por iso que debería terlle unha lei a estas cidades, que debería recoñecerme e afianzarme nelas, amosar con orgullo as nosas toxinas comúns, incluso implicarme nas súas causas de baldosa. Pero non: o meu bando son os bañistas; as miñas cores, as do exército que destrúa as cidades escuras.

NOTA DO EDITOR: Este post publicouse tamén, e posteriormente, no Proxecto identidade.

polinización

Atenas ábrese no día das letras. Falan os vellos paisanos na rúa lembrando a xocas na súa viaxe a bos aires, na súa bonhomía; critican a vitorino. Falan os vellos académicos no paraninfo, e din palabras tan bonitas que me entra un arreguizo de saberme ateniense: miña nai fálame do xocas, que lle deu clase, e das súas camisas descoidadas. Dime: non era tan feo… Teño lembranzas do día da súa morte, e da mágoa de miña nai, que revivo ao ver con ela unha necrorreportaxe. Emocionadas no sofá.
Á tarde, despois de caer derrubado nunha sesta, vou pasear con Ferre. O verán chegou a atenas e medra a cola prós xeados na ibense. Preséntanme unha rapaza moi fermosa, que se chama Rosa, pero avísanme que trae as albardas cheas de problemas. Peke diría: e quen non? Claro. Ao despedírmonos, comezan a caer folerpas brancas dos pradairos. Todas as rúas énchense de folerpas no resol, e brillan. Os días que máis me gustan da vida que máis me gusta.

ourensanadas

Xa estou de volta en Ourense. Quedou sen mencionar a fría Lleida, o espectral encoro de Mequinensa, Balaguer (extraordinario), Calanda, Alcañiz, Molina de Aragón, Montalbán, Sigüenza, Ayllón, Alcorisa… 400 quilómetros dende Teruel ata Burgos, sen vilas importantes: ruínas, casas illadas, ferrados e ferrados de baleiro e lavanda e arxila. Cruces que xa só serán cruces para o practicante. E en 10 anos nin iso. Quizais a Ourense lle quede ese destino. Habería que montar unha empresa de reciclaxe de letreiros de estrada, de vellos sinais de curva perigosa, de quilómetros de asfalto inservíbel. En vinte anos non haberá en cen millas á redonda máis traza cá do raposo. É bonito, pero tamén é algo apesarado, coma os versos de Llamazares: azuis e torturados nesta hora. Cito e peto na mesa.
Helena e Carles, dos Pomada, dedicáronme unha canción na sala Cotton-Club, de Lleida, e fixéronme tan feliz por un momento… Carles vai ser pai para agosto, e Helena ten medo das propostas de Carles de ser un pai responsábel, e que deixen de facer concertos… Pero se o pai máis responsábel é o que marcha da casa!! Tamén estaban os Dept, que marchaban pra Cádiz, e tocaban os Brams, que só me gustaron o xustiño.
Pero, vaia, que hoxe estou en Ourense, aínda coas pálpebras da brétema de conducir onte todo o día. Tomo un café nun bar, que se chama ‘Expresándome en el pop art’ (en serio), e leo no xornal un artigo de Pepe Diz: lembra aquela Terceira división con 5 ou 6 equipos ourensáns: esta finde xogan o Verín contra a Ponte, os únicos resistentes. É parte do fracaso provincial, do noso teruel. Ao Taboadela custáballe moito diñeiro ter que xogar todos os partidos da Preferente sur nas rías, e renunciou ao ascenso. Saía máis a conta facer o fútbol entre nós.
Vexo tamén no xornal signos do estarrecedor momento institucional, antidemocrático: Parada, o monfortino Xosé Manuel Parada, sorpréndese escandalizado de que o Partido Popular “permita” na “súa televisión” determinadas cousas. Eu tamén me escandalizo. Na porta do concello de Lleida, un señor disfrazado de catalán barretineiro protestaba pola claudicación dos republicanos ao españolismo. Hoxe, con L’edat de ferro de Coetzee enriba da mesa, creo que se había unha posibilidade por pequena que fose de salvar o noso, esa era o tripartito e mais a tenda de Carolina Herrera no parque de San Lázaro. E non Corina. Non sei se me explico.