Arquivo de tags

cumprida fin, Teherán

Primeiro día tralas vacacións. Podía falar dunha fotografía recuperada, ou do blo do director de coalicióngalega, pero comezo a ler Persépole, tres álbumes de banda deseñada da debuxante iraniana Mariena Satrapi. A estarrecedora e cómica vida dunha nena durante a revolución islámica do Irán faiche saltar todos os gonzos. Creo que lendo a Satrapi xa escollín o destino das miñas vacacións para o 2004. E algún agasallo de Nadal. Fala de Persépole Willy Sifones, outra estreliña da bloguesfera galaica, aínda que non coincido demasiado coas pexas que lle pon. O sinxelo é complexo.
Un traballador de coalición-galega (precisamente) mostrouse sorprendido ao verme na Feira de BD de Barcelona: ‘non te facía eu na cultura alternativa’. Agardo, pois, que desculpedes esta alternativez momentánea. Mañá xa regreso a Kstelao.