Arquivo de tags

fisio

vertebra prominensSempre me pareceu curiosa a relación que tiña Peke coas súas fisioterapeutas. O xeito de falar delas, ou de escribir, facíame crer que mantiña en realidade duna relación sentimental con elas.
Hoxe foi a miña primeira cita con Stewart. Stewart é baixiño, leva a cabeza afeitada, e ten uns ollos azuis moi luminosos. Terá uns vintecinco anos de forte acento escocés enriba, tanto como as mans. Deitei o meu corpo brando e encanastrado na padiola, e concentreime en relaxarme. Mentres, el foi exhibindo o poder das mans, levándome onde el quería: á relaxación no ombreiro, arrastrando os seus dedos contra as miñas enrugas, ou á dor na chavella, presionando cos polegares un botón que nin sequera sabía que había. Despois pasou aos cariños, cun estroupelear suaviño contra as vértebras do pescozo, primeiro por detrás, e logo por diante, tratando de facer maior o espazo entre a sexta e a sétima: alí é onde, segundo el, está o enchufe da lámpada.
E eu, como xa o amo, fágolle caso.