Arquivo de tags

organização

Edinburgh Cross ChampionshipA organización dos campionatos do mundo de cross é un completo e absoluto desastre. Vendo semellante caos parece difícil imaxinar que esta xente levantase un imperio, se ben resulta explicábel a rapidez e a crueza da súa perda, da que só eles non parecen ser conscientes. Obviarei os asuntiños da pluralidade lingüística do planeta ou da falta de respecto relixioso. Se me limito á organización, cando menos a do sector onde eu estou, é como se ao exército de napoleón o comandase Gila. A ineficacia duns métodos antigos baseados en notas manuscritas e en carteis pegados polas paredes amplíase co rigor elevado ao máximo expoñente. Así, non só facemos as cousas mal, senón que as seguiremos facendo mal plenamente conscientes e orgullosos da nosa carreira cara ao abismo. As probas verdadeiras, a apoteose da beleza en chándal, serán mañá. Non quero nin pensar en 2012.