Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Plattdorf

Arquivo de tags

plattdorf

En francfort perseguín a sombra de plattdorf. Caído do outro lado das liñas inimigas, entregado ao fermoso labor de contemplar adolescencias, hai tempo que non se comunica e non explica por que os trens nesta cidade son tan vetustos, ou por que a xente semella andar de mal humor. Tampouco hai por aquí adolescentes embarazadas, anque no seu sitio de xuntanza erguesen rañaceos tumefactos ou a sede do banco central europeo. Cando cae a noite, e logo dunhas albóndigas de fígado ou dunha carne encebolada con xucrute, ímoslle dar unhas voltas e tomarlle algo, comprobando qué barato está todo no continente. Cando recollemos de madrugada, con dúas xornadas intensísimas de traballo ás costas, vexo o remexedoiro nos baños de homes da estación de konstablerwache.
E volvo achar de menos a plattdorf.

rabuñadas

Despois dunha tarde intensa con Fufli, de lavandería en lavandería, en coche, pasando por tendas de decoración e de toallas, chega a noite imprevista: tomaba o último corto con 12Uvas &friends, coa idea posta na cama e na lectura, pero (m)alicia resgátame.
Recuncamos xuntos nas artes escénicas: o espanto perpétrao (unha vez máis) Berrobambán. Fóra temas persoais, que os hai, non lembraba tantas ganas de liscar, de puro cutrerío. Pero a cortesía con (m)alicia e o pracer de rexoubar proximamente con Neit e con Iop pagaron a pena da permanencia, do frío e do horror.
Logo afortunadamente entramos nunha serie de preguntas imperfectas, anacos de historia común descoñecidos, que nos meteron en calor a medida que accedíamos aos bares. Tamén estaban Plattdorf e o sorrideiro e fermoso Mánager. Pensei que a miña envexa por Plattdorf ía ser maior, pero velos gabear un por riba do outro púxome romántico, inocente, maternal, ou algo.
Así é de explicar que estivese parolando unha boa hora con Geneve, un mozote espilido, que agardo volver a ver. Só de lembralo bríllanme os ollos contra a pantalla. Pero a cabeza e a noite son reviradas e preferín irme con Non-acho-a-Ana, un reintegrata demasiado caprichoso, demasiado borracho e demasiado agresivo. Tanto, que de camiño, co beizo inchado e as tetas doridas de rabuñadas e trabadas, lisquei del.
Coa autoestima elevada, nada máis me cumpría.

discreto pantano

GundivósPeke envíame un correo: Agora que che deu pola discreción no blo, ando cunha curiosidade tremenda por saber qué tal vai o de kate. Intúo que, se hai discreción, é porque hai razóns. (…) ¿Andas pantanoso ou normal?
Estou tremendamente pantanoso, claro. Á miña propia lama fóiselle sumar a dela que, aínda sendo arxila moura da mellor calidade, aló no fondo é lama. O da discreción non é tal; de feito kate protesta timidamente a miña verba. Creo que hai moito dito, e que ademais a imaxinación sempre porá o resto moito máis para alá da propia realidade.
Máis novidades: mamá está un pouco desoncertada con kate, ao parecer porque leva tempo sen ler o blo. En cambio, fai análises políticas de estar na páxina 14 dos xornais polanquistas. Ou na 13. Ah, e recibo chamada co prefixo 221, pero non collo a tempo. Non sei quen é.
Ausencias: Berlín. Hai tempo que non vén por aquí. Creo que o plan del era vir votar, pero non sei se non enredaría polo camiño cun tuga, cun curdo, cun votante do PP.

monago

Máis cousas, arrombadas.
12Uvas apréndeme unha palabra: Se algo é moi horríbel, tanto que pode meter noxo, dise que ‘arramalla’. No Eladio dise que arramallar é hacer ruido las ramas de los árboles al agitarse con el viento. 12Uvas aplícallo a persoas e a cancións de eurovisión.
Leo nadador nocturno, de Olshan. Como todas as gainovelas que leo ultimamente ten 3 trabes: 1, os ferretes son sempre espectaculares. 2, os nachos son sempre megamacizos. 3, as novelas son sempre mediocres e insulsas. Será que os macizos e os ferretazos no fondo son insulsos?
Coñezo un chaval de Oleiros, sen bautizar, de 22, a quen o padre Isorna lle propón reiteradamente ser monago da telemisa. El dille que é pecador, e o padre Isorna ou non entende, ou entende.
Merco zapatos, cinto vermello, unha maranta e unha violeta africana.
Quedo con Berlín, e proselitizo pra que faga un blo. El resístese, e di que non ten tempo. Nas escasas dúas horas que estamos xuntos botamos cadáveres e cadáveres sobre a mesa. É divertido lerchear de cando en vez.