Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » pop

Arquivo de tags

mgmt

Como sempre, fun ver o grupo que non era. Grazas a Jackson coñecía algo a MGMT, pero dos postpunk Futureheads e dos Cansei de Ser Sexy, malia as recomendacións do vello Plattdorf, pouco máis sabía. Pero a maioría dos adolescentes e mozos brancos de clase media que estaban alí viñan por todo, menos polos MGMT, así que empezaron de primeiros. Non podo falar moito porque teño que poñerme en primeira fila pra distinguir un baixo dunha guitarra, pero o concerto non foi aló gran cousa: se o que mola do mp3 é precisamente os detalles dos teclados, a claridade da voz e a atmosfera recreativa, todo iso desapareceu onte do ABC de glaspop. “Imos darlle brasa a estes tipos”, e veña guitarreo, pra demostrar que saben tocar o instrumento igual có outro millón de persoas que fai o mesmo. A iso os críticos, que son os que saben, creo que lle chaman “guitarras poderosas”, pero eu só sentía a vibración na uretra, e ao resto do público tampouco pareceu que lle chistase demasiado. Iso si, como estaba en primeira fila puiden baixar do podio estético ao cantante, disfrazado de peterpán en sandalias, que era o típico colgado amigo do teu curmán que se electrocuta na piscina da casa dos pais, e substituílo polo batería, do que non consigo atopar información en ningures.
Despois quedei a investigar que era iso do post-punk dos Futureheads, e así a vulto pareceume bastante punk. E molón. Pero o corpo levaba xa un bo pedazo facendo todo tipo de sinais: febre, dor muscular, cansazo, incomodidade, ganas de mexar, dor na pirola… Así que antes dos brasileiros collín o tren de volta, deixando atrás un público hiperfermoso que, estrañamente, mirara pra min con interese: naquela congregación de tipos fracos querendo parecer tristes tuberculosos, un enfermo auténtico estaba en condicións de competir.

tiziano ferro

Este cantante italiano de familia galega é un dos favoritos de Futuroscope. Gústanlle as baladas, dime nun sms, que lle lembran a min. Ante a miña incredulidade, alá me aparece na fiestra da casa con dous CDs de Ferro: ‘111′, e o penúltimo, o máis socialdemócrata ‘Rojo relativo’.
Claro, non me gusta Tiziano Ferro. Pero, por que? Escóitoo na tarde, camiño de santacristina, e á volta sobre a negra autoestrada da madrugada. Non me gusta Tiziano Ferro e o baleiro de argumentos faime pensar nunha cousa soa: os prexuízos.

Supercalifragilisticexpialidocious!

Canta o desfeluxador na tele: Como eu vexo Londres, ninguén o verá.
Gústame moitísimo Mary Poppins. Mañá a estas alturas tamén estarei en Londres, e como eu o vexa ninguén o verá.