Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Portuguese

Arquivo de tags

linguas importantes

Fago o meu segundo traballo neste país currando unhas horas nun festival administrativo pra inmigrantes, no veciño concello de falkirk. Alí está a policía, co seu telderete, explicando a lei de comportamentos antisociais; e o sistema de saúde, dicíndoche como podes acceder a un xinecólogo de garda; tamén hai un indio que che fai carnés xoves, algunhas empresas de formación, un macrotelderete con info sobre as axudas á vivenda, un postiño de primeiros auxilios, o sitio do centro polaco de falkirk, e diversas compañías que se dedican á construción, á seitura e á produción de ensaladas pra supermercados, que andan á procura de man de obra eslovaca.
Por entre esa feira camiñan algúns polacos olendo a tabaco e a pasado, checos en pantalóns, camisa e cazadora vaqueira, lituanas co pelo recollido e os ollos pintados, letoas desorientadas e aquí e acolá un búlgaro, unha ucraína e un par de rusas de por onde rusia deixa de chamarse rusia. Tamén hai unha pequena brigada de xente que traballa sen parar, ao que dan, traducindo pró letón, pró eslovaco, pró polaco, e entre eles eu, sentado, cun cartel ao lombo que pon francés, español, portugués, sen facer nada, nada, nada, en todo o día.

lusofonía, 3

Como non podia ser doutro xeito, eu son o verdadeiro motor da lusofonía aquí. O portugués e os dous brasileiros parolan pouco entre si e por suposto pasan todos tres do preto caboverdiano e do suízo guilherme.
Eles, como de costume, ignoran que exista galiza, que falemos o que falamos e que formamos parte do diasistema. É mais: se falo á galega pensan que estou a falar espanhol, do cal se deduce que numa numa iei. Miro de falar con eneagás, por se acaso.