Arquivo de tags

nova celandia

Nova CelandiaSe hai algún físico na sala, gustaríame que me explicase:

  • por que se envío unha carta de aquí á coruña chega en dous días, cun mataselos en francés que sinala “en caso de enderezo erróneo reenvíese a Alemaña”?
  • por que apenas un par de semanas despois envío tres cartas a distintos puntos da Ghalleira e tardan en chegar quince días e con mataselos de Auckland?

Actualización: paquete vilamarple-bigmaceda. 10 días. Mataselos do Deutsche Post.
Actualización2: paquete vilamarple-bigmaceda e vilamarple-ankara. Mataselos de Auckland.
Actualización 3: velaquí as probas gráficas de semellante paradoxo: nós queremos dar a volta ao mundo e son os nosos paquetes quen as dan. 

física

Algún dos físicos presentes ou ausentes pode explicarme por que un paquete enviado polo procedemento normal de escocia á ghalleira tarda 3 días en chegar e, en troques, un paquete enviado polo procedemento ultrarrápido e ultracaro en sentido contrario (da ghalleira a escocia) demora máis de 15 días e aínda non chega?
Mentres tento solucionar este paradoxo físico-administrativo penso nesa caixiña de libros de Ian, clásicos galegos, non-tan-clásicos galegos e outras publicacións que, nunha caixa, repousan nalgunha parte de europa occidental. Ler é sempre unha aventura.