Arquivo de tags

cuba

Por razóns de traballo teño que facer unha visita-alustro á Habana. É difícil dicir algo desta cidade que non sexa un tópico ou o seu contrario. Máis aínda se só podo colleitar un mangado de primeiras impresións antes de coller o avión de volta, en dous días.
Fago mentalmente moitas comparacións con dakar, coa que garda moitas semellanzas de humidade e de organización. A Habana, é, con todo, moito máis fermosa. Cuns niveis de contaminación como os de chornóbil o 27 de abril de 1986, está lixeiramente máis asfaltada ca dakar, e ás sete da mañá, mentres boto unhas carreiras ata o malecón, está inzada de homes que remexen no lixo á procura de algo que comer. Iso non sucede en dakar.