Arquivo de tags

custo

A raíz dun desgrazado percance de saúde, a última vez que estiven na ghalleira tiven que ir ao médico. Fun ao da pública, fíxome unha prospección ocular da zona, ditaminou o que era e recomendoume un antibiótico xenérico (por outra parte, errado) que abonei integramente.
Unhas semanas despois, recibo unha carta do Sergas dicíndome que lles debo 218,79 €. O diñeiro é o de menos, porque podo exhibir a miña tarxeta de asistencia europea, pero empezo a pensar se a consulta recibida valeu en realidade 218,79 €. Canto me custarían na privada eses tres minutos (ou menos) de consulta, sen análises, cunha diagnose correcta, pero cun vademecum ancorado hai corenta anos, cando eses antibióticos xenéricos deixaron de ter efecto pleno sobre a enfermidade?