Arquivo de tags

lesbianas

Puccini for beginnersDespois dun día de moito traballo, e apesarado polo suicidio do rato, meto a bici no tren e vou pra Glaspop. Aquí, nesta hora da tarde, os homes son máis fermosos e máis quinquis ca en ningunha outra parte do planeta, e despois de xogar a canealos coa bici métome a ler un libro nun café e a ver un filme do Glasgay. Puccini pra principiantes, proxectada non sei por que diaños en DVD, está ben, e as oitenta lesbianas da sala e mais eu rimos bastante e despreocupadamente. É unha comedia de woody allen, pero en lesbiano, coas mesmas librarías soleadas de manhattan e a mesma posibilidade normal de liarte cun tipo e coa súa moza, ao mesmo tempo, no mesmo barrio, e sen que ninguén o saiba.