Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » radio

Arquivo de tags

tachán!

Hai cousas peores ca morrer á hora do fútbol. Un pode morrer, por exemplo, o día en que se produce un cambio político de magnitudes aínda insospeitables. Foi o que lle pasou a Avelino Abuín de Tembra. É pouco probable que Avelino Abuín de Tembra reciba nunca o Día das Letras: a súa obra poética é decididamente doutra época. Ademais, esforzou boa parte da súa vida a un premio e unha organización estrañas, discretas, practicamente descoñecidas hoxe en día malia a súa lonxevidade. E anque non o coñecín nin nunca o tiven diante, Avelino Abuín de Tembra foi unha persoa fundamental na miña vida.
De neno, e aínda agora, eu fun de escoitar moito a radio. E aló, naquela Radio Galega imaxino que alboriana, tiña un recanto Avelino Abuín de Tembra pra poñer música de bandas. Mentres os nenos do meu tempo escoitaban Hombres G e Mecano eu sentía a banda de música Unión de Guláns e imaxinaba que aló, nalgunha outra parte afastada, había preciosas e escintilantes vilas de nomes longos, con mozos que tocaban o trombón de varas, e na fermosa voz de galeguista de Abuín de Tembra aquilo das bandas figurábaseme que era ese país distante que chamaban galicia, case segredo, onde as cousas eran solemnes e fermosas.
Que a terra lle sexa leve, mestre.

radio

Non quería meterme a falar destas cousas posto que dalgunha maneira estiven implicado en idas e vidas laborais que podían erguer sospeitas falsas. Pero agora que todas as espranzas de traballar aló se diluíron, e que só podo ser acusado de resentimento, ceibo o que levo semanas pensando.
I. A nova radio, colonizada polo sindicato das carrachas, apostou por manter o statu quo dos seus funcionarios en vez de converterse no motor do país urbano. De aí derívanse uns requirimentos de selección de persoal onde a experiencia no ente conta seis veces máis ca outro criterio, e outros procesos lamentábeis, como facer unha proba pública para escoller director do programa estrela da fin de semana. Os sindicalistas non reproban que no exame non haxa que presentar un proxecto de programa: preocúpalles o enchufe, a eles que se incorporaron sempre en condicións de limpeza, igualdade e publicidade. Pero, que enchufe? Acaso se quixesen fichar a Xulia Otero cumpriría sometela a unha proba con 70 aspirantes onde o que máis se valorase fose a experiencia na CRTVG? Agardo que estes parásitos do meu diñeiro prosigan as súas esixencias de xustiza reclamando que se saque a concurso tamén a dirección do programa dos evanxelistas.
II. Todo isto solucionábase eliminando a figura do funcionario. Ou estes postos que, sen ter carácter funcionarial, son máis vitalicios có do papa de roma.
III. Paralelamente, o comezo da nova programación da radio galega non pode ser máis decepcionante: unha lista embiguista de colaboradores construída sobre un país no que, ao parecer, non existe a dereita; uns locutores zoupóns e parsimoniosos promovidos unicamente polo seu compromiso social; e en xeral unha torrada. Magoantemente, todo o que pensabamos que ía saír mal, está saíndo mal. Agás Xavier Queipo, o meu escritor favorito, que antonte me ceibou por esas mesmas ondas de radio un poema fabuloso. Vamos, coma no réxime anterior.

faceino por europa

Resígnome a escoitar a uned, ou os partidos de terceira en Galicia en goles. Di un profesor de institucións europeas da uned, totalmente serio: un dos maiores éxitos do programa erasmus son as relacións íntimas establecidas entre rapaces de distintos países.
Ei, erasmus, estou aquí! Faceino por Europa!

todo é empezar

Estou triste porque se estragou a radio. Puxen un cd de suc da martinica, e petouse. Creo que se fodeu a lente, pá, e xusto en finde, cando nos torturan con cursos de márquetin aplicado a partir das sete da tarde.
Vou con 12Uvas á inauguración dun novo bar no barrio. Chámase ‘Comer e rascar’. É un rustibar, de cubalibre na parva, mesturado con cafetería estilosa e sala de exposición de deseño mariquiteiro. Está aí todo o barrio, e o propio artista e amigos, aos que coñezo, abofé. Síntome moi vivo saudando veciños, e loitando pola fonte de rexóns, que emigra cara á saída.
Recunco ao vermú do domingo. Tapas cumpridas. Trato agradábel.