Arquivo de tags

wildlife, 1

A zona onde eu vivo está chea de invasores esquíos que arromban sementes, pero aínda os superan amplamente os corvos: todos os prados, todos os ceos e todos os tellados son deles, e tamén os xardíns, os cubos do lixo, os peitorís das fiestras e as caixas de correo. Aquí a vida salvaxe está moito máis perto, case ao alcance da mau.
Onte á noite sorprendín un primeiro raposo gorecerse baixo un coche, e ademais dos moitos coellos que dormen ao pé da fábrica de leite, puiden ver tamén un faisán dende o tren. E o domingo indo pra vila-marple, cruzáronme por riba dous triángulos de gansos que ían rexoubando e cantando: pra ser condutor de primeira, aceleira, aceleira…, pero en gánsico.