Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » religion

Arquivo de tags

xudeus

A sorte, ou máis ben a torpeza, levoume ata unha pequena vila do noroeste de londres chamada golders green, o típico sitio estupendo se tes unha bicicleta pra ir e vir. E eu téñoa e subo dende o centro case unha hora dándolle a peito, esquivando os autobuses e deténdome nos semáforos. Tamén baixo veloz, e gústame esta sensación dun londres que pasa rápido, aínda que ás veces neste correr se perdan os detalles dos paporrubios nos cancelos dos camposantos, ou os postos de froita con nésperos e vintecinco tipos de pementos picantes.
Golders Green é unha vila de xudeus e de xaponeses. As tendas onde podes mercar peixe cru ou pastel de arroz alternan coas pizzerías onde unha vez veu o rabino a bendicir o forno. E os nenos levan chapeus negros de aba grande, e neles refléctese o misterio da convivencia.

patinaxe

Patinaxe artísticaAo remate dun longo día de viaxes e traballos, a sorte recompénsame cun mocito local de dezanove. A súa idade é enganosa: con once comezou unha relación longa cun rapaz da súa aldea, preto de Dumbarton, e despois de deixalo con dezaseis, aínda tivo tempo de comprometerse consecutivamente cunha moza e con tres rapaces máis. Tamén, aos seus dezanove, é xa un deportista retirado: unha lesión de ombro e cadeira apartárono da práctica internacional da patinaxe artística. Precisamente a iso, á patinaxe, atribúelle a fortaleza das súas coxas, aínda que logo de achegarme máis ao íntimo comprobo que as lorzas ben máis parecen vir dunha dieta de hamburguesas e fideos chineses a medianoite, pero non importa. Na conversa, este estudante de socioloxía explícame por que lle gusta mallorca, por que a economía do seu país é unha shit e por que non foi votar nin pensa facelo, así que chega un momento en que é necesario cortar a análise é pasar ás piruetas.
Ao pouco, estou deitado enriba da miña cama e el vai xa no baño. Concéntrome no olor do cuarto e nos ósos da cadeira, e síntoos agradablemente relaxados e abertos coma os conchos amarelos dun kinder sorpresa. Escoito a cisterna, e antes de que o instante de pracer esvaia, teño tempo pra un último pensamento: a miña fortuna é inmensa.

extinción

1. Xa non vou esixir que o conselleiro demita, anque dende logo non me ía parecer mal que puxese o seu cargo ao dispor do presidente. Pero que haxa unha comisión de investigación, seria, no parlamento e con maioría popular, dedicada a examinar os erros de xestión deste ano paréceme unha obriga democrática.
2. Unha das moitas razóns polas que non vou votar o psoe, ese partido conservador, é esta: por uns festivos laicos, xa!!