Arquivo de tags

música negra

RizePra maximizar o gasto, pillo o tren e marcho a embiburgo pra ver dous filmes practicamente seguidos. O primeiro é ‘Rize‘, que vén sendo algo así como Ergherse, dito en negro, e é o segundo documental que vexo en pouco tempo sobre breakdance. Este céntrase no combate entre uns pretos disfrazados de pallasos e uns pretos disfrazados de violentos no sur dos Ánxeles. O baile é unha especie de reguetón axitado, onde os bailaríns pintan a cara de cores e tratan de mover o van e o cu máis rápido ca ninguén, a medio camiño entre o boxeo e o circo dos muchachos (con padre silva e todo): antropoloxicamente é delicioso, pero no plástico chega ao máximo: véxoo nun cine pequeno, ao lado dun chavaliño preto de dezasete: cunha man acariña o seu chándal, coa outra sostén unha camariña dixital pra gravalo ben todo. Así que a estas alturas, ao sur da cidade, un grupiño de nenos pretos e chineses estarán en chándal vendo a peli e dicíndose mutuamente flipo neno.
A segunda non é tan xenial. O documental é agora sobre unha viaxe de Youssou N’Dour de Dakar aos Estados Unidos e volta, relacionándose con distintos estilos de música negra americana. ‘Volta a Gorée‘ ten algúns momentos paveros, pero é sosona, logo aborrecida e finalmente fedorenta incluso pra min, que son superfán de N’Dour. Se tivese só un chisquiño de ironía poderiamos rir de toda a mentira da illa de Gorée, de toda a mentira do escravismo, de toda a mentira da música negra e de toda a mentira dos 40 dólares que lle piden a un ianqui por unha pescada na praza de abastos de Dakar. Pero non a hai, e a trascendencia abafa e afoga incluso a voz máis amarga de todo o continente.