Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Rivas

Arquivo de tags

os libros arden mal

Comecei coa novela de Manuel Rivas cando aínda estaba vivindo tranquilamente en humidtown, alleo ao futuro. Líao na praza da quintana e tamén ás noites, na casa, nunha cama grande onde tamén durmía ulises. Estábame gustando moito, pero notaba marchar algúns fíos, algúns personaxes que non era quen de illar e arrastrar. E xa daquela pensaba que me gustaría lelo de segundas.
De súpeto houbo que recoller, facer mudanza, e ‘Os libros arden mal‘ extraviouse nunha das caixas. Non o rescatei ata o final, cando me vin pra acó, e como son peixe de mala memoria decidín comezalo de novo no avión.
Hoxe, que é tardísimo na noite, remateino. Pasei a última páxina desa marabilla de novela, e non me chegan as palabras pra falar dela. Estaba na cama, dando voltas, e non acougaba. Tiña que facer este post pendente. Pero chego ao ordena e non me medran as palabras. Probarei a escribir dun tirón: acetilsalicílico, así, coa súa ligazonciña. Acetilsalicílico. Pero seguen sen medrarme as palabras que me calmen a pel de pita. Penso: Polca. Penso no balón do Diligent. Penso en Casares Quiroga, e malia que detesto a temática da guerra, só me sae postrarme. Penso: a máis grande novela de temática homosexual que lin nunca.
Co libro posto de lombo neste cuarto de 3 por 3 (iardas) a vida comeza de novo. Unha nova vida. Débolla a ese señor de sesenta anos co que sentei no avión de ryanair: este rivas gústame moito, estoulle lendo o lapis do carpinteiro, dicía. Así, sen tradución. Pra min que era Pinche, que volvía.

rainday

Despois da blogorrea de onte, arranco pra Nigrán. Alí paso unha noite marabillosa, na casa de Peke e Bollo, bebendo viño sudafricano, empachuzándome e debullando historias. Falamos moito de blos, de andrómenas que Peke explora aquí e acolá. Tamén me amosa dous libros: un pra completar a lista de asustadores e un catálogo de lugares imaxinarios. Rimos de tantas cousas…
Durmo nun estraño sofá e cando me ergo cedo, o mar bate nos penedos e siluetéanse os piñeiros contra o escuro e a brétema.
Vou pra Vigo: veñen Itopo, Iopanda e Jacarezinho. Vemos as expos do marco (fabulosa a paleta de Portela, con pedaciños de mármore e DM; bótase de menos a Fufli) e a do Museo do Mar. Perdémonos e acabamos en Canido. Estou canso.
Ao chegar á casa, remato os Contos de Nadal, de Rivas. A pesar de que non son en absoluto rivasiano, nin tampouco amigo dos libros de relatos, quedo vencido polo aglaio. A lingua frolece nel como pólas de cerdeira en liñas de letra grosa.