Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Roman consuls

Arquivo de tags

cónsules de roma, 4

O traballo que fago aquí consiste basicamente en poñer a proba os meus clientes. Así que hai uns días dígolles que o reto é preparar unha viaxe á Ghalleira, incluído enviarlle un correo electrónico a unha casa rural local pra consultar dispoñibilidades e prezos. Os meus clientes, co seu tatariñante galego, fan o que poden e conseguen unha comunicación máis ca correcta. Ah, pero uns días despois, chégalles a resposta dende a conta webrural@xunta.es.

Buenos dias:
“A casa-rural X” tiene disponibilidad a partir del 9 de diciembre.
Si desea hacer una reserva, envíenos sus datos personales y un teléfono de contacto y procederemos con su gestión.
Las tarifas puede consultarlas en nuestra web www.turgalicia.es
Un cordial saludo

cónsules de roma, 3

Recibo unha carta do estado onde pagaba os meus impostos explicándome que teño dereito a voto, malia estar vivo e ter menos de 100 anos. Quizais a miña escolla non pase dun branco, pero gústame o xogo este das votacións. Así que, como a carta do consulado di que podo consultar as listas do CERA entre o 9 e o 16 de abril, ambos inclusive (e engaden un horario especial pró domingo 15, pra que a xente non desconfíe), gasto unhas horas e unhas boas libras deste luns de pascua (día 9) en achegarme ata embiburgo. Ao que chego o consulado está pechado, abofé. Colleron vacacións o xoves (por madrid), o venres (por españa), o sábado e o domingo (por se acaso) e o luns (por cataluña e ferrol), e puxeron un carteliño na porta, pra que non lles queimasen o timbre.
Hoxe chamo: néganme que a carta (que teño diante) poña iso, logo dinme que “quen di o 9 di o 10″, e finalmente acceden a comprobar a miña inscrición nas listas do CERA por teléfono. O meu nome non aparece (está vostede seguro de que se escribe ‘cesare’?, pregúntanme) e convídanme a ir a embiburgo pra presentar unha reclamación, porque non a podo poñer nin por correo nin por teléfono. Que mágoa non estar morto ou non ter máis de cen anos, pra que todos estes problemas se evaporasen de súpeto.

cónsules de roma, 2

Despois do concerto de guitarra achégome ao cónsul, introdúzome e explícolle brevemente en que consiste o meu traballo e o meu desexo de chegar a colaboracións con el pra promover actividades culturais galegas por esta parte.
Velaí a súa resposta: qué bien, mi mujer es directora de teatro y podemos montar un Valle.
E todo isto segue sendo real.

cónsules de roma

Mañá hei de ir falar co meu cónsul, o señor Arsenio Colombera Ruez.
Ademais, quizais aproveite a miña visita a edimburgo pra ver a actuación de Caponata Argamacho Trío & Canito, á que me convida o consulado.
E todo isto é real.