Arquivo de tags

flashback

Limpeza de sanguePrecedido de premios, animado por brétemas e bouzafría, estimulado pola polémica, métolle o dente a Limpeza de sangue, a peza de Rubén Ruibal. É verdade que ten moito xeito, é verdade que por veces é divertida e que pode deixar un pouso amargue se se lle busca. Incluso os arqueólogos poderán identificar nela centoepico trazos de vidal bolaño (igual de ben contados, mellor encaixados) e as inevitábeis referencias metateatrais de todo dramaturgo galego que se prece.
Ai si, que obra máis xenial sería… se estivésemos en 1987.