Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » school

Arquivo de tags

maxia

Dunha maneira un tanto triste e abrupta, coa morte da neta da miña mellor alumna, poño hoxe fin a tres aniños de traballo. Aínda me quedan moitas cousas por facer de tipo administrativo e avaliativo de aquí a setembro, pero ese vello oficio de aprender e ser aprendido remata —rematou xa— hoxe. Non creo que volva a el.
Quizais por iso aproveito pra ler as Leccións desaprendidas de Philip Jackson, semirrecomendado por Walter. Jackson, fóra de análises máis fondas sobre métodos pedagóxicos, funde escola con memoria e pregúntase por que volvemos visitar as nosas escolas co pasar dos anos, qué buscamos nelas, ou por que nos gustou aquel profesor que agora, tanto tempo despois, lembramos. Jackson cre que é cousa de maxia, de algo indicible e indefinible que está aí e que tamén se manifesta na súa experiencia persoal como mestre: grazas a “ese toque máxico” el é, moitos anos de docencia despois, moito mellor persoa.
Tamén eu o son. Mellor persoa, si, pero tamén testemuña dunha maxia que crearon pra min medio cento de meigos e meigas e que volverá á miña memoria, ben o sei, durante todos os anos que me queden, nunha nova vida.

mal de escola, e 3

Xa en racha, prosigo e remato esta arroutada pedagóxica coa lectura d’O valor do envoltorio, un estudo sobre a introdución das TIC no sistema educativo. O volume é, dende logo, moi interesante. Anque quizais resulta algo denso e pouco directo, e anque careza dun imprescindible índice onomástico, illa moitos dos problemas e dos retos diso que se chama escola, principalmente o conservadorismo e refracción do profesorado aos cambios.
A seguir ou no medio discuto con Barataria, que traballa ao meu carón, sobre o concepto clave: a motivación. A imaxe é esta: Hai un gato pechado na despensa e temos a casa chea de ratos que, en boa lóxica darwiniana, son cada vez máis espilidos. A función do gato sería ‘negociar’ cos ratos, pero o certo é que na despensa, onda os chourizos e as conservas de peixe, se está moi ao xeito. Ata hai unha xanela elevada pola que entra a raxeira durante tres meses ao ano. Nós, como xestores da casa, deberiamos botar o gato fóra; en primeiro lugar porque temos un problema cos ratos, e en segundo lugar porque os chourizos e as latas de bocareu non son infindas. Pero cada vez que entramos na despensa pra botalo fóra, o gato enrabecha, revira os pelos do lombo, incha a cola e bufa. E canto máis o deixemos estar na despensa, menos gana vai ter de marchar. Ademais, tampouco nos valería sacalo ás bravas da despensa (conseguímolo un par de veces, enganándoo con horas de cepillado do lombo), porque ao menor descoido volvería entrar. Teriamos que convencelo de que a ardua tarefa de poñerse á altura dos ratos, de correr atrás deles, e de ‘negociar’ con eles (que é o motivo polo que temos gato), é máis molona ca deitarse a lamber a graxa que cae das chourizas.
Prégase aos gatos que lean isto que dean consello.

Mercar O valor do envoltorio na libraría Couceiro.

mal de escola, 2

Se non me chegaba xa coa lectura de Mal de escola, vou a embiburgo pra ver o fantástico filme Entre as paredes, traducido aí embaixo como A clase, e publicado como novela tamén con ese estraño e, ao meu ver, distorsionador nome — editores, pronúnciense, :) —. Porque nese espazo que construíu a escola moderna (republicana (!) chámanlle os franceses), nada funciona. O filme é devastador: o catálogo de malas prácticas pedagóxicas repásase de principio a fin, e a falta de respecto constante dos mestres cara aos alumnos vai medrando ata que remata da única maneira que pode facelo: o profe chámalles putas ás alumnas e un estudante é expulsado nunha escena tan dantesca que poderían asinar os irmáns Marx, se non fose porque o conto é triste.
Tiña boa razón un dos comentaristas deste blog: a escola é o último espazo moderno nun mundo postmoderno. Pouco mudou a escola dende o tempo que estudaron os nosos pais, agás polas zostregadas nas unllas e demais castigos físicos. E pouco mudará se seguimos a aparvar a perdiz: unha reforma urxente é necesaria, de currículo, de actitudes e de dinámicas, que sitúe os rapaces no centro, e non os profesores… ata de arquitectura dos centros debe mudar, pra axudar a romper ese espazo artificial e absurdo creado entre as paredes.

Mercar A clase na libraría Couceiro.

mal de escola

I

Os estudantes son agora moito peores ca antes –dime un profesor universitario de 31 anos–. O outro día púxenlles ao grupo B un exercicio que fago todos os anos: teñen que preparar unha noticia e locutala como se fose un telexornal, metendo a cabeza por unha tele de cartón. Este ano copiaron en cinco minutos unha nova de internet, e comezaron a lela tal cal. Eu cortei o exercicio de raíz e pasamos a outra cousa.

II
Calquera manual de pedagoxía podería sinalar os erros desa práctica: dende a definición dos obxectivos ata un modelo de aprendizaxe baseado na nota, pasando por construír situacións irreais que conducen a que criaturas, a miúdo batante máis achegadas á realidade cós seus profesores, bordeen ou eludan o absurdo. Se ademais este novo pero experimentado profesor lese Mal de escola, de Daniel Pennac, podería intuír que a culpa do fracaso do exercicio era en boa medida súa.
As renovacións pedagóxicas, as contrarrenovacións, os sindicatos, os políticos, as anpas e os medios de comunicación foron sinalando como causas do fracaso escolar o método, as reformas legais, as infraestruturas, as familias desestruturadas, as vacacións dos profes ou esa violencia da mocidade que tan precisamente describe Pennac. Pero o erro está na falta de amor, como di Pennac, e na falta de autocrítica, que é outra vertente da falta de amor.
Mal de escola é poliédrico, embarullado e marabilloso, anque Pennac é fondamente conservador: de aí a súa teima nos alicerces do ensino: a ortografía, a literatura dos séculos pasados (ás veces moi pasados) ou, ata un punto que asusta, a proposición subordinada adverbial concesiva, que a pequena Nathalie, con toda lóxica, non entende. A escola ten que revisar métodos e amores, si, pero tamén contidos, ese pequeno e obsesivo apósito que vai xunto á aprendizaxe de modelos, e sobre o que, estrañamente, avaliamos.

Mercar Mal de escola na libraría Couceiro.