Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » self-help

Arquivo de tags

autoaxuda

Tiña moitas ganas de ler ‘a viaxe cara á felicidade‘, de eduard punset. Regaláramo Fufli, e desde que sei que a terremoto de alcorcón tamén é seareira deste liberal despeiteado, non podía agardar máis. En realidade é un libro de autoaxuda, científica, iso si, pero autoaxuda. E como todos os libros de autoaxuda, inzado de deliciosas frases, de conceptos moi interesantes, de citas de clásicos como oliver sacks, e tamén dalgunha tenrísima lembranza persoal. Claro que parte dun dato que, segundo miguelanxo murado, é falso: o da esperanza de vida do home prehistórico. Punset sinala que era de 30 anos, e murado, ese xenio, di que ese é só un promedio entre os que avellentaban aos 70 e os moitos que morrían con catro meses. E, anque o pareza, non é un dato parvo e case todo o libro depende diso: prégase confirmación ou rexeite.
Despois da autoaxuda veu a penitencia. E é que só a min se me ocorre ler ‘spam‘, de francisco castro (así, con todas as letras, pra que guglee) despois de chegar á fórmula da felicidade. Pretensiosa, soberbia, entremetida, chirriante, inargumentada e displicente, esta novela é o maior monumento que vin á incultura da clase cultural dese país. Xa non lle vou pedir ao autor que cando saia do parnaso se dea unha volta polos problemas reais das empresas ou dos seus traballadores, nin que consuma verdadeira pornografía: o que quero saber é qué comeron os membros do xurado antes do veredito ou cales eran as novelas non-premiadas. Había moito tempo que non lía nada tan desagradábel.