Arquivo de tags

obxectos

Cando as cousas se reviran, e abofé que se reviraron nestes días que ata piquei unha roda da bici, é marabilloso chegar á casa e ter un par de obxectos agardando. Un é o libro que me manda martinpawley, O xiro postal. O texto é previsibelmente senegalés, pero consegue exasperar a pesar desa previsibilidade ou quizais por ela precisamente. A tradución renxe por todas as partes, pero malia ela pásase un pedazo divertido. E o teletransporte a dakar hai poucas apertas que o paguen.
O outro é o sobre que mandou o home de maryland: unha camisola, unha pucha, unha chapa e unha colección de material impreso da campaña de Obama. Non teño moita capacidade técnica estes días pra facer unha foto con xeito disfrazado de obamista, pero prometo que a farei. E agradeceríalle ao home de maryland o feito como se merece se o seu enderezo correo non se me transmutase, tamén, en carne de lagarto.