Cando espertamos acaba de saír o sol. O primeiro que hai fóra da nosa cabana é unha granadeira sen follas e con aínda cinco ou seis granadas penduradas. Poñémonos a andar por un camiño sen asfaltar e baixamos foder á praia, sobre as dunas.
Pra atraer a sorte no aninovo.
Arquivo de tags
Falando cun rapaz que agardo que apareza axiña por aquí, soltoume esa frase tan estraña e desacougante de “o sexo, sen algo máis, non vale de nada”. O que me aqueloutra é saber a qué se referirán con ese “algo mais”, de qué se trata exactamente, e sobre todo qué lles impide atopalo na fodaina, por moi aleatoria que esta sexa.
Remoendo nesas collo o coche e vou ata embiburgo pra ver a Wiesbaden, un rapaz alemán que traballa de enfermeiro (tag:nurse xa!) e que estuda psicoloxía clínica. Non foi de chegar e encher: falamos un bo pedazo, xogamos co gato Fido, bebemos un viño rosado… Deulle tempo a despregar todo o abano de tópicos: é imposible que sexas gai e non che guste madonna, os gais non deberiamos adoptar porque somos un pésimo modelo de comportamento, ou non sei por que hai que estar orgulloso de ser gai. Resultaba tan cansino que me entraban ganas de arrincar. Pero era miralo ben, mirar prá barra de facer bíceps que tiña chantada no marco da porta e virme a sensatez: este chaval loiro, moldeado milimetricamente, preciso en todos os seus tecidos, estaba moi por riba das miñas posibilidades. Así que despois de contarme a historia do seu avó polaco no campo de concentración, de poñerme cancións de la oreja de van gogh porque son españois e de dicirme que hitler foi malinterpretado polos seus seareiros e que el non quería realmente matar na xente, puxémonos a foder.
E mentres me chovían un par de galóns de proteínas, seguía a remoer nese “algo máis”: hai milleiros de motivos pra liscar do choio coa pirola na boca, pero non se me ocorre ningún pra dicir que foder é un acto baldeiro.
Collo o tren para Big Maceda e o vagón vai case baleiro. Aos cinco minutos, un rapaz lanzal co que xa cruzara olladas e chiscadelas na estación pregúntame se pode sentar ao meu lado. Ergo a vista sobre os demais asentos libres e algo sorprendido dígolle que si, coa previsión de algo de sexo nos baños do vagón.
Pero por desgraza empezamos a falar. Cardeal, chamareino así porque leva o nome do cardeal, era seminarista ata o ano pasado. Agora remata os seus estudos de teoloxía por libre, mentres traballa nunha tenda de mobles e cavila se seguir a carreira de presbítero ou non. El non se sente digno de ser un servidor de Señor porque é unha ovella negra: non di cal é a freba de lá que lle escurece a vida, aínda que ben se poida intuír. A medida que avanzamos nas tres horas de debate sobre a fe e a vida vaise esvaendo a posibilidade de comerlla alí mesmo. Ao final intercambiamos os correos e baixa nunha das vilas do camiño, probabelmente pra sempre.
Vou ver dúas pelis de internados. Unha é Os coristas, cousa linda e algo choromiqueira sobre a relación entre profe e alumnos na francia dos pantalóns curtos: un rapaz precioso, un par de historias bonitas e unha cancionciña de Rameau.
Outra, Saló ou os 120 días de Sodoma, de Pasolini. Fascinante, xenial, e algo caduca. Unha miga cargante polas escenas de coprofilia, é verdade, pero profundamente transgresora polo ridículo e non pola provocación. Pawley explícama despois, con certeza: afastado da fácil vida de foder-comer-beber, pasolini renega dos seus filmes anteriores e quere demostrar ata qué punto a humanidade pode ser perversa, malvada, terríbel.
Ai, se puidésemos regresar a esa hamburguesaría de Saló, Plattdorf…
Hai xente que busca en internet ‘fodas’ e aterra neste blo. Que trabucado está gúguel, meu deus.
O blogueadoiro que emprego sinálame os blos que nese momento se están a actualizar no mundo. Nunca vin ningún coñecido. Hoxe un chámame a atención: Cock under lock, que vén sendo algo así como pirola baixo chave. Polo que albisco é unha descrición de ferretes, un tras outro. D, o autor, emprega todo tipo de trebellos, dos que xunta foto, e aparentemente cambia bastante de parella. O seu meil é lukeperry@hotmail.com.
Como o meu inglés é precario, métoo na batedora do altavista. E resulta certamente pavero. Pásoo ao galego, nunha reviravolta: Relubrifiquei o meu membro, e comencei a facilitarllo dentro do seu puckered furado. Supprisingly, ela non parecía ter aversión isto en todos. Podería sentir a esfinxe relaxar e deixei o meu esvarado principal dentro. Empurrando máis lonxe, tiña polo menos a metade do meu eixo pra riba alí antes de que facilitase pra riba. Tomando algúns minutos deixeina relaxar ao redor do meu martelo como traballei lentamente cara adiante e cara atrás.
Dixo quintiliano: bloguem memorem esse oportere. Se alguén me di para que vale o trebello da foto, pago ronda de cubalibres. O boli non.
