Arquivo de tags

shortbus, 2

Shortbus

Hai uns meses vin este filme nun cinema de embiburgo, con belokan ao meu lado. Gustárame moito, creo lembrar, malia comprender só a quinta parte.
Agora, baixada na casa e complementada no outro 80% cos subtítulos en inglés, véxoa de novo. E flipo, flipo coas escenas, flipo cos detalles, flipo coa tenrura, flipo coa música e flipo co diálogo entre o mocito sueco e o vello ex-alcalde de NY, que procurarei aprender de memoria pra recitar cando o mundo abanee baixo os meus pés.
Si, este por fin é o meu filme favorito ever.

shortbus

Creo que podo adoptalo coma o filme da miña xeración, que quizais sexa unha xeración formada unicamente por min. Shortbus cautívame pola música, polos planos, polas historias… e perdo na tradución os detalles dun argumento que imaxino frouxo: pero fíxose así, facendo, rodando, a partir duns personaxes tipo, aos que non se lles pode pedir máis ca reflexos tímidos da vida.
Prá parte máis viciosa, un chavaliño facendo de sueco que é pra morrer vinte veces. Prá parte máis prosaica, a visión do sexo, coa que empato vital e tenramente. Máis importante e moito menos importante ca todo o demais.